Fondo de Cultura Económica

Fondo de Cultura Económica
Logo
Tipoeditorial e editor de acceso aberto
Data de fundación1934
Fundador(es)Daniel Cosío Villegas
Director/aArnaldo Orfila Reynal
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
SedeCidade de México
PaísMéxico
Na rede
http://www.fondodeculturaeconomica.com
editar datos en Wikidata ]

O Fondo de Cultura Económica (FCE, ou simplemente “o Fondo”) é un grupo editorial en lingua castelá, asentado en México, con presenza en todo o orbe hispanoamericano, sen fins de lucro e sostido parcialmente polo Estado.

Foi fundado en 1934 por Daniel Cosío Villegas co propósito orixinal de prover de libros en castelán ós estudantes da Escola Nacional de Economía; moi axiña estendeu o seu labor editorial a outras ciencias sociais: as humanidades, a literatura (sobre todo a escrita en castelán), a divulgación da ciencia e os libros para nenos e rapaces.

O Fondo publicou máis de 10 mil obras, das cales preto de 5 mil mantéñense en circulación, e conta cun catálogo electrónico de máis de 1300 títulos. Os seus libros formaron a xeracións de lectores latinoamericanos, conta no seu catálogo con 65 premios Nobel; 33 Premios Cervantes, 29 Príncipe e Princesa de Asturias e máis de 140 galardoados co de Ciencias e Artes.

En 1989, en recoñecemento ó seu labor nos países de fala hispana, recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. En 1987, La Gaceta gañou o Premio Nacional de Xornalismo de México.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]