Fonticula | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||
|
Fonticula é un xénero de mofo mucoso celular que forma un corpo frutífero con forma de volcán.[1] Xa en 1979 se sabía que non tiña unha estreita relación nin cos Dictyosteliida nin cos Acrasidae, que son os dous grupos ben establecidos dos mofos mucosos celulares.[2] Nun artigo publicado en 2009 considerábase que estaba relacionado con Nuclearia, que á súa vez está relacionado cos fungos.[3]
Fonticula, Nuclearia, e os fungos foron reunidos nalgunhas clasificacións no grupo Nucletmycea (ou Holomycota), que é un grupo irmán de Holozoa.