Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1994 (30 anos) Móstoles, España |
Educación | Universidade Alfonso X el Sabio |
Altura | 1,6 m |
Peso | 60 kg |
Actividade | |
Ocupación | judoka, adestrador |
Membro de | |
Deporte | judo |
Participou en | |
29 de abril de 2022 | 2022 European Judo Championships – Men's 60 kg (en) (1º) (medalla de ouro) |
1 de abril de 2022 | 2022 Judo Grand Slam Antalya (en) |
2022 | judo at the 2022 Mediterranean Games – men's 60 kg (en) (1º) (medalla de ouro) |
24 de xullo de 2021 | Judô nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Até 60 kg masculino (pt) (9º) |
16 de abril de 2021 | 2021 European Judo Championships – Men's 60 kg (en) (1º) (medalla de ouro) |
6 de agosto de 2016 | Judo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - Até 60 kg masculino (pt) (17º) |
Sitio web | frangarrigos.com |
Francisco Garrigós Rosa, nado en Móstoles o 9 de decembro de 1994 é un deportista español que compite en judo na AD Famu de Vigo, baixo licenza galega.[1][2] Foi campión mundial en 2023, tricampión de Europa (2021, 2022 e 2024) e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2024.[3]
Estudou Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade Alfonso X o Sabio.[4] Gañou dúas medallas no Campionato Mundial de Judo, bronce en 2021 e ouro en 2023, e sete medallas no Campionato Europeo de Judo entre os anos 2017 e 2024. Nos Xogos Europeos de Minsk 2019 obtivo unha medalla de prata na categoría de –60 kg.
Participou en tres Xogos Olímpicos de Verán, ocupando o 17.º lugar en Río de Xaneiro 2016 e o noveno en Tokio 2020, na categoría de –60 kg. Nos Xogos Olímpicos de París 2024 derrotou sucesivamente ao belga Jorre Verstraeten e ao xaponés Ryuju Nagayama, acadando así as semifinais, nas que caeu fronte ao kazako Eldos Smetov. No combate polo bronce venceu ao xeorxiano Giorgi Sardalashvili, converténdose así no primeiro medallista español nos Xogos de París.[5][6]
Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Categoría |
2021 | Budapest | Bronce | -60kg |
2023 | Doha | Oro | -60kg |
Xogos Europeos | |||
Ano | Lugar | Medalla | Categoría |
2019 | Minsk | Prata | -60kg |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Categoría |
2017 | Varsovia | Bronce | -60kg |
2019 | Minsk | Prata | -60kg |
2020 | Praga | Bronce | -60kg |
2021 | Lisboa | Ouro | -60kg |
2022 | Sofía | Ouro | -60kg |
2023 | Montpellier | Bronce | -60kg |
2024 | Zagreb | Ouro | -60kg |
Xogos Olímpicos | |||
Ano | Lugar | Medalla | Categoría |
2024 | París | Bronce | -60kg |