![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1961 ![]() Ferrol, España ![]() |
![]() | |
5 de decembro de 2011 – 30 de setembro de 2012 – Rosana Pérez → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
![]() | |
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() ![]() |
Francisco Xesús Jorquera Caselas, nado en Ferrol o 31 de agosto de 1961,[1] é un político galego do Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, época na que foi Secretario Xeral do ERGA e membro fundador dos CAF. Militou na Asemblea Nacional Popular Galega ata 1982, data fundacional do BNG, onde é membro fundador e actual Coordinador Executivo. Foi elixido como senador de representación autonómica no período (2005-2008) en substitución de Anxo Quintana. Nas Eleccións xerais de 2008 foi o cabeza de lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña, resultando elixido deputado por dita circunscrición. Nos comicios de 2011 foi reelixido.
O 29 de xaneiro de 2012 foi designado candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galicia para os comicios autonómicos de 2013, que finalmente foron adiantados ao 21 de outubro de 2012. Como consecuencia disto, abandonou o seu escano no Congreso dos Deputados en setembro de 2012, one foi substituído por Rosana Pérez. Foi elixido deputado do Parlamento Galego nas autonómicas de 2012. Coordinador en Galeuscat polo BNG, foi candidato á alcaldía da Coruña nas municipais de 2019.[2] Concelleiro do Bloque desde 2019, volveu ser o cabeza de lista da formación nas eleccións municipais de 2023,[3] e foi elixido concelleiro.
Está casado e ten un fillo e unha filla.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Jorquera ![]() |