Franjo Kuharić

Modelo:BiografíaFranjo Kuharić

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1919 Editar o valor en Wikidata
Pribić, Croacia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de marzo de 2002 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Zagreb, Croacia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZagreb Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cardeal
2 de febreiro de 1983 – 11 de marzo de 2002
Roman Catholic Archbishop of Zagreb (en) Traducir
16 de xuño de 1970 – 5 de xullo de 1997
← Franjo Šeper (pt) TraducirJosip Bozanić (pt) Traducir →
Diocese: Arquidiocese de Zagreb (pt) Traducir
Bispo auxiliar
3 de maio de 1964 – 16 de xuño de 1970
Diocese: Arquidiocese de Zagreb (pt) Traducir
Bispo titular
15 de febreiro de 1964 –
Diocese: Titular See of Meta (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zagreb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcclesiastical hierarchy (en) Traducir e pastoral Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1964–), sacerdote católico (1945–2002) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónFranjo Šeper (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Premios

Franjo Kuharić, nado o 15 de abril de 1919 en Krašić (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) e finado o 11 de marzo de 2002 en Zagreb (Croacia) foi un eclesiástico católico latino croata, arcebispo de Zagreb e cardeal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Franjo Kuharić naceu o 15 de abril de 1919 en Pribić, unha localidade do concello de Krašić, no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (hoxe en Croacia).[1] Foi o décimo terceiro fillo de Ivan e Ana, de apelido de solteira Blažić, un matrimonio de granxeiros de profunda fe cristiá.[2] Estudou no Liceu Clásico de Zagreb, e entre 1931 e 1939 no seminario arquidiocesano. Posteriormente entrou na Facultade de Teoloxía da Universidade de Zagreb, graduándose en 1945.[2]

Foi ordenado sacerdote o 15 de xullo de 1945 polo cardeal Alojzije Stepinac,[2] e exerceu o seu ministerio pastoral na arquidiocese de Zagreb até 1964.[1] Inicialmente, a partir de novembro, estivo na parroquia de Radoboj durante dez meses, e posteriormente pasou a atender as parroquias de Pavučnjak e Rakov Potok.[2] Cando o 12 de setembro de 1946 foi asasinado o párroco de Okić, Kuharić pasou a administrar tamén dita parroquia, e el mesmo escapou dunha tentativa de asasinato o 22 de febreiro de 1947.[2]

Episcopado

[editar | editar a fonte]

Foi nomeado bispo auxiliar de Zagreb e bispo titular de Meta o 15 de febreiro de 1964 polo papa Paulo VI, recibindo a consagración episcopal o 3 de maio de 1964 de mans de Franjo Šeper.[1] O 16 de xuño de 1970 foi nomeado arcebispo metropolitano de Zagreb.[1]

No consistorio do 2 de febreiro de 1983 foi creado cardeal polo papa Xoán Paulo II.[1] Permaneceu no cargo até o 5 de xuño de 1997, cando foi sucedido por Josip Bozanić.

Finou o 11 de marzo de 2002 en Zagreb,[1] e está enterrado na catedral metropolitana.

Veneración

[editar | editar a fonte]

Dez anos logo do seu pasamento, o 11 de marzo de 2012, o cardeal Josip Bozanić anunciou a apertura da causa de beatificación de Kuharić, pasando a ter o título de Servo de Deus.[3]

  • Hodajmo u istini: razmišljanja, poslanice, propovijedi. Zagreb: Nadbiskupsko bogoslovno sjemenište. 1974. 
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Bräuer, Martin (2014). Handbuch der Kardinäle: 1846-2012 (en alemán). Walter de Gruyter. pp. 489–490. ISBN 9783110269475. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Batelja, Juraj (1995). Zagrebački biskupi i nadbiskupi (en croata). Zagreb: Školska knjiga. p. 512. ISBN 9530605978. 
  3. Pavičić, Darko (10/03/2012). "Na 10. obljetnicu smrti počinje beatifikacija Franje Kuharića" (en croata). Consultado o 22/03/2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Stanković, Vladimir (2003). Kardinal Kuharić u hrvatskom iseljeništvu - Australija i Novi Zeland (en croata). ISBN 9789531519762. 
  • Stanković, Vladimir (2007). Kardinal Kuharić u hrvatskom iseljeništvu - zapadna Europa (en croata). ISBN 9789531103077. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]