Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1919 Pribić, Croacia (en) |
Morte | 11 de marzo de 2002 (82 anos) Zagreb, Croacia |
Lugar de sepultura | Zagreb Cathedral (en) |
Cardeal | |
2 de febreiro de 1983 – 11 de marzo de 2002 | |
Roman Catholic Archbishop of Zagreb (en) | |
16 de xuño de 1970 – 5 de xullo de 1997 ← Franjo Šeper (pt) – Josip Bozanić (pt) → Diocese: Arquidiocese de Zagreb (pt) | |
Bispo auxiliar | |
3 de maio de 1964 – 16 de xuño de 1970 Diocese: Arquidiocese de Zagreb (pt) | |
Bispo titular | |
15 de febreiro de 1964 – Diocese: Titular See of Meta (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Zagreb |
Actividade | |
Campo de traballo | Ecclesiastical hierarchy (en) e pastoral |
Ocupación | bispo católico (1964–), sacerdote católico (1945–2002) |
Consagración | Franjo Šeper (pt) |
Enaltecemento | |
Premios | |
Franjo Kuharić, nado o 15 de abril de 1919 en Krašić (Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos) e finado o 11 de marzo de 2002 en Zagreb (Croacia) foi un eclesiástico católico latino croata, arcebispo de Zagreb e cardeal.
Franjo Kuharić naceu o 15 de abril de 1919 en Pribić, unha localidade do concello de Krašić, no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (hoxe en Croacia).[1] Foi o décimo terceiro fillo de Ivan e Ana, de apelido de solteira Blažić, un matrimonio de granxeiros de profunda fe cristiá.[2] Estudou no Liceu Clásico de Zagreb, e entre 1931 e 1939 no seminario arquidiocesano. Posteriormente entrou na Facultade de Teoloxía da Universidade de Zagreb, graduándose en 1945.[2]
Foi ordenado sacerdote o 15 de xullo de 1945 polo cardeal Alojzije Stepinac,[2] e exerceu o seu ministerio pastoral na arquidiocese de Zagreb até 1964.[1] Inicialmente, a partir de novembro, estivo na parroquia de Radoboj durante dez meses, e posteriormente pasou a atender as parroquias de Pavučnjak e Rakov Potok.[2] Cando o 12 de setembro de 1946 foi asasinado o párroco de Okić, Kuharić pasou a administrar tamén dita parroquia, e el mesmo escapou dunha tentativa de asasinato o 22 de febreiro de 1947.[2]
Foi nomeado bispo auxiliar de Zagreb e bispo titular de Meta o 15 de febreiro de 1964 polo papa Paulo VI, recibindo a consagración episcopal o 3 de maio de 1964 de mans de Franjo Šeper.[1] O 16 de xuño de 1970 foi nomeado arcebispo metropolitano de Zagreb.[1]
No consistorio do 2 de febreiro de 1983 foi creado cardeal polo papa Xoán Paulo II.[1] Permaneceu no cargo até o 5 de xuño de 1997, cando foi sucedido por Josip Bozanić.
Finou o 11 de marzo de 2002 en Zagreb,[1] e está enterrado na catedral metropolitana.
Dez anos logo do seu pasamento, o 11 de marzo de 2012, o cardeal Josip Bozanić anunciou a apertura da causa de beatificación de Kuharić, pasando a ter o título de Servo de Deus.[3]