François Mazet

Modelo:BiografíaFrançois Mazet
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, enxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
-March Engineering Editar o valor en Wikidata

François Mazet, nado en París o 24 de febreiro de 1943[1], é un expiloto de automobilismo francés. Participou nun só Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, rematou 13º e non obtivo puntos de campionato.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mazet gañou o Campionato Francés de Fórmula Tres en 1969 cun Tecno e trasladouse a Fórmula 2 co equipo Sports Motor xunto a Tim Schenken en 1970.[2] Non foi un movemento acertado e co patrocinio de Shell Petroleum, Mazet correu co Chevron de F2 de Jo Siffert cando Siffert non estaba dispoñible así como tamén en coches de turismo para Ford Alemaña.[2] A asociación con Siffert levou a Mazet a pilotar un March 701 no Circuíto Paul Ricard no Gran Premio de Francia de 1971.[2] Con todo, foi o seu único intento na Fórmula Un.

Logo da súa andaina nas carreiras, Mazet participou no patrocinio de Lotus por parte de Essex Petroleum nos anos 80.[2]


Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1971 Jo Siffert Automobiles March 701 Cosworth V8 RSA ESP MON NED FRA
13
GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0
  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers — Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 251. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]