Futurama | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Unique Development Studios |
Distribuidora(s) | VU Games / Fox Interactive |
Motor | Gamebryo |
Lanzamento | 12 de agosto de 2003 |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI |
Plataforma(s) | PlayStation 2 Xbox GameCube (só en Europa) |
Formato(s) | DVD |
Na rede | |
https://web.archive.org/web/20070929044333/http://www.futureramathegame.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Futurama é un videoxogo en 3D baseado na serie de animación homónima Futurama. O xogo saíu para Xbox e PlayStation 2 o 12 de agosto de 2003 e usa a tecnoloxía cel shading para o aspecto gráfico. As voces dos personaxes foron dobradas polos actores de dobraxe orixinais da serie. Por outra banda, as animacións entre os diferentes niveis foron xuntadas e publicadas como un episodio no DVD do filme Futurama: The Beast with a Billion Backs.
Mamá faise co control Planet Express e os membros da empresa, Fry, Bender, Leela e o Doutor Zoidberg deben frustrar o seu plan de controlar o universo. Cando o profesor Farnsworth vende Planet Express a Mamá, esta convértese en dona do 51% das empresas da Terra, tendo así o poder de someter e escravizar a tódolos seres humanos do planeta.