Félix de Azara

Modelo:BiografíaFélix de Azara

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1742 Editar o valor en Wikidata
Barbuñales, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de outubro de 1821 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Barbuñales, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHoly Cathedral Church of the Transfiguration of the Lord (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica e Cartografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnaturalista, antropólogo, ornitólogo, cartógrafo, explorador, escritor, militar, xeógrafo, botánico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaAzara Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Nicolás de Azara y Perera
Eustaquio de Azara y Pereda Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario biográfico español
Gran Enciclopedia Aragonesa
Nordisk familjebok Editar o valor en Wikidata
BNE: XX939857

Félix Manuel de Azara y Perea, nado en Barbuñales (daquela no Reino de Aragón) o 18 de maio de 1742 e finado na mesma vila o 20 de outubro de 1821[1], foi un militar, naturalista e enxeñeiro español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ingresou na carreira militar no corpo de artilleiros, primeiro, e logo no de enxeñeiros. Distinguiuse en varias expedicións, e alcanzou o grao de xeneral de brigada.

Foi enviado a América do Sur en 1781, nunha expedición encargada de resolver o conflito dos límites entre as colonias de España e Portugal. Permaneceu alí até 1801. Antes de deixar Suramérica, enviou ó seu irmán, José Nicolás de Azara (entón embaixador de España en París), anotacións e observacións sobre zooloxía, que Moreau de Saint-Méry publicou en París en 1801, co título de Essais sur l´histoire naturelle des Quadrupèdes, traducido ao castelán en 1802 como Apuntamientos para la Historia natural de los quadrúpedos del Paraguay y Río de la Plata. Á volta de América redactou Voyages dans l’Amérique méridionale, par don Félix de Azara, publicado en 1809.

En 1805, retirouse para a súa localidade natal, dende onde escribiu numerosos informes, e onde faleceu en 1821.

Homenaxes

[editar | editar a fonte]

Durante a súa viaxe por Suramérica describiu máis de 200 novas especies animais. Certo número de animais levan na súa honra o seu apelido: Aotus azarae (mico nocturno de Azara), Dasyprocta azarae (agutía de Azara), Akodon azarae (rato das herbas de Azara) ou o Synallaxis azarae. Unha crista da Lúa, Dorsum Azara, débelle tamén o seu nome.

Adiantou a posibilidade da evolución das especies que máis tarde desenvolvería Charles Darwin. Este tiña en grande estima a obra de Azara (a pesar de que el non fose un naturalista profesional) e en varias das súas obras citouno como autoridade.

  1. Dictionary of Scientific Biography, vol. 1. New York, Charles Scribner's Sons, 1970, páxs. 351-352, iSBN 0684101149}}

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]