Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1986 (38 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador de moda, socialité, modelo |
Período de actividade | 2007 - |
Sitio web | amlul.com |
Gala González, nada na Coruña o 16 de marzo de 1986, é unha deseñadora de moda, modelo e blogueira galega.
Naceu nunha familia relacionada co mundo da moda en Galicia. O seu tío é o deseñador Adolfo Domínguez, e o seu pai tamén traballou na empresa do tío en postos directivos.
En 2003 marchou a Londres a estudar moda na Universidade de Artes de Londres, no college Central Saint Martins.[1] Comezou a traballar para Adolfo Domínguez como directora creativa da súa liña xuvenil (Liña U) ao rematar os estudos, en 2007, pero a sona da súa traxectoria profesional veu da man da comunicación. En 2005 abriu un fotolog de moda e en 2007 comezou co seu propio blog. En 2014 tiña 340.000 seareiros na súa conta de Instagram[2].
En 2009 presentaba a súa primeira colección de moda de seu, Music Collection[3], para Adolfo Domínguez. En xuño de 2010 foi modelo para a colección de Loewe[4], e despois diso viñeron outras firmas como H&M, Mango, Corello, Guerreiro ou AG, así como a marca de produtos de depilación Veet.
González apareceu en diversas publicacións, como Vogue, Elle ou Marie Claire.