Galaxian | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Namco |
Distribuidora(s) | Namco |
Deseñador(es) | Kazunori Sawano |
Lanzamento | 1979 |
Xénero | Disparos |
Modos de xogo | 1 e 2 xogadores alternativamente |
Plataforma(s) | Arcade e varios |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galaxian (ギャラクシアン Gyarakushian?) é un videoxogo arcade que foi desenvolvido por Namco e estreado en outubro de 1979. Foi publicado por Namco no Xapón e importado a América do Norte por Midway en decembro dese ano. É un xogo de disparos no que o xogador controla unha nave espacial na parte baixa da pantalla e dispara a inimigos que descende en diversas direccións. Foi deseñado para competir con Space Invaders (que fora estreado o ano anterior).
Tivo unha exitosa secuela, Galaga, en 1981, e outras menos coñecidas: Gaplus e Galaga '88 en 1984 e 1987 respectivamente, así como diversas adaptacións.