Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1921 Braine-l'Alleud, Bélxica (pt) |
Morte | 6 de maio de 1992 (71 anos) Braine-l'Alleud, Bélxica (pt) |
Altura | 173 cm |
Peso | 61 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, mediofondista, atleta |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
1952 | Xogos Olímpicos de 1952 |
1948 | Xogos Olímpicos de 1948 |
Premios | |
| |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Londres 1948 | 5.000 m |
Gaston Reiff, nado o 24 de febreiro de 1921 e finado o 6 de maio de 1992, foi un atleta belga, gañador da medalla de ouro na proba dos 5.000 m nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948.
Reiff naceu en Braine-l'Alleud, e competiu en boxeo e fútbol antes de se dedicar ao atletismo. A carreira que lle deu a gloria olímpica, tivo lugar nun chuvioso día de Londres, e bateu ao gañador dos 10.000 m, o checoslovaco Emil Zátopek, nos últimos metros. Con esta vitoria, converteuse no primeiro atleta belga en gañar unha medalla de ouro olímpica.
Alén de gañar nas Olimpíadas, Reiff tamén estableceu o récord mundial nos 2.000 m, 3.000 m e en 2 millas, e gañou unha medalla de bronce nos Campionatos de Europa de 1950. Gañou 24 títulos nacionais, e bateu 26 récords nacionais; en 1951 posuía tódolos récords de Bélxica nas distancias entre os 1.000 m e os 10.000 m. En 1952, non logrou repetir o ouro olímpico en Helsinqui, e tivo que abandonar na final.
Reiff morreu na súa cidade natal á idade de 71 anos. Case 10 anos despois, foi elixido o terceiro mellor atleta valón do século XX.