Gene Trautmann

Modelo:BiografíaGene Trautmann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbatería, percusionista, músico Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 4f101d2a-ba9f-48f8-bdb4-c26130fbf17c Discogs: 636868 Allmusic: mn0001020413 Editar o valor en Wikidata

Gene Trautmann, nado en Portland (Oregón) en 1966, é o antigo batería das bandas Queens of the Stone Age, Eagles of Death Metal e Miracle Workers.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse na súa cidade natal, e comezou a tocar en gravacións aos 11 ou 12 anos. Comezou a tocar e bandas punk no instituto e finalmente uniuse a un grupo chamado The Miracle Workers, que se dedicaba a revivir a primeira xeración punk de bandas de garage de madiados dos 60 como The Sonics e The Count Five. Despois de graduarse en 1985 na Oregon Episcopal School, foi coa banda aos Ánxeles e tocou en varios álbums, ademais de realizar xiras polos Estados Unidos e Europa.

Despois de que Brant Bjork deixase Kyuss, Trautmann foi chamado por Josh Homme para unha audición. A pesar de que tocou co grupo durante dúas semanas, o posto foi finalmente para Alfredo Hernández. Homme non se esqueceu del, e chamouno novamente para tocar no álbum de Queens of the Stone Age Rated R. Trautmann sería membro da banda dende xuño de 1999 ata setembro do 2001.