Gerd Theissen, nado o 24 de abril de 1943, é un exeseta profesor de Novo Testamento na Universidade de Heidelberg, especialista na figura do Xesús histórico.
Doutorouse na Universidade de Bonn en 1968. Foi profesor da Universidade de Copenhaguen. Pertence a Academia das Ciencias de Heidelberg. Foi condecorado pola Academia Británica polos seus estudos bíblicos. Especializouse en cristianismo primitivo e na aproximación a Xesús de Nazaret dende a perspectiva das ciencias sociais aplicando métodos escriturísticos, historiográficos e sociolóxicos.