![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pl) Gittel Kaimowitz ![]() 2 de febreiro de 1897 ![]() Kolno (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 1 de xaneiro de 1996 ![]() San Diego, Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade Cornell (1932–1935) Universidade de Nova York (1927–1932) Eastern District High School (en) ![]() ![]() |
Tese académica | Properties of the Veneroni Transformation in S_4 (en) ![]() ![]() ![]() |
Director de tese | Virgil Snyder (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | matemática, informática teórica ![]() |
Empregador | Wright-Patterson Air Force Base (pt) ![]() ElectroData Corporation (en) ![]() Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (1948–1952) Proxecto de Táboas Matemáticas (1938–1948) Hunter College (1936–1937) ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
![]() |
Gittel Kaimowitz, nada en Kolno (Imperio Ruso, posteriormente en Polonia) o 2 de febreiro de 1897 e finada en San Diego o 1 de xaneiro de 1996, foi unha matemática estadounidense coñecida como Gertrude Blanch, pioneira da análise numérica e a computación. Foi líder do Mathematical Tables Project de Nova York dende os seus comezos. Traballou posteriormente como directora axudante e líder de análise numérica na división de computación de UCLA e foi a xefa de investigación matemática para o Laboratorio de Investigación Aerospacial da base da forza aérea Wright-Patterson en Dayton, Ohio.
Blanch naceu en Kolno, filla de Wolfe Kaimowitz e Dora Blanc. Kolno era historicamente parte de Polonia, mais nese tempo pertencía ao Imperio Ruso. Blanch era a máis nova de sete fillos. Wolfe Kaimowitz emigrou aos Estados Unidos, e en 1907, Dora Blanc, Gertrude e outra filla máis uníronse a el en Nova York.[1][2]
Blanch asistiu a escolas públicas neoiorquinas. En 1914 graduouse do Eastern District High School de Brooklyn. Máis tarde ese ano, Kaimowitz faleceu, así que Blanch decidiu procurar un emprego para axudar a súa familia. Traballou durante catorce anos en postos de oficinas, aforrando cartos para a escola. Converteuse en cidadá estadounidense en 1921. Despois de que morrese a súa nai en 1927, Blanch comezou a tomar clases nocturnas no Washington Square College, parte da Universidade de Nova York. En 1932, Blanch recibiu o seu grao de Bachelor of Science en matemáticas cun minor en física pola Universidade de Nova York. Ese mesmo anos, cambiou o seu nome de Kaimowitz a Blanch, versión americanizada do nome da súa nai. Recibiu o seu Ph.D. pola Universidade Cornell en xeometría alxébrica en 1935.[1]
Durante un ano, traballou como titora en lugar dun colega cunha licenza en Hunter College; entón, traballou como bibliotecaria.[1] En 1938, comezou a traballar no Mathematical Tables Project da WPA, para a que era "Directora de Matemáticas" e "Directora de Computation". Isto implicaba deseñar algoritmos que eran executados por grupos de computadoras humanas baixo a súa dirección. Moitas desas "computadoras" posuían só habilidades matemáticas rudimentarias, mais os algoritmos e os erros que comprobaban no proxecto estaban suficientemente ben deseñados para que a súa saída definise o estándar para a solución dunha función transcendental durante décadas. O proxecto despois pasou a formar parte do laboratorio de computación do National Bureau of Standards.
O Mathematical Tables Project converteuse nunha organización independente tralo remate da WPA a finais de 1942. Durante a segunda guerra mundial, opero como oficina de computación principal para o goberno dos Estados Unidos e fixo cálculos para a Oficina de Investigación e Desenvolvemento Científicos, o exército, a mariña o proxecto Manhattan e outras institucións. Blanch liderou o grupo durante a guerra.
Trala guerra, a carreira de Blanch foi obstruída polas sospeitas do FBI de que era unha comunista en segredo. As pistas sobre iso parecen escasas, e incluían, por exemplo, a observación de que nunca casara nin tivera filla, ademais do feito de que a súa irmá estaba afiliada ao Partido Comunista.[1] No que debeu ser un momento decisivo, a diminuta matemática de cincuenta anos pediu, e gañou, unha audiencia para limpar o seu nome.
Posteriormente, traballou para o Instituto de Análise Numérica de UCLA e o Laboratorio de Investigación Aerospacial da base da forza aérea Wright-Patterson en Dayton, Ohio. Foi unha dos primeiros membros da ACM.
Blanch retirouse en 1967 aos 69 anos, mais continuou a traballar cun contrato como consultora para a forza aérea outro ano máis. Posteriormente mudouse a San Diego e continuou a traballar en solucións numéricas das funcións de Mathieu ata a súa morte en 1996, concentrándose no uso de fraccións continuas para acadar reslutados altamente precisos nun número pequeno de pasos computacionais. O traballo non foi publicado.
Os Gertrude Blanch Papers (1932–1996)[3] están dispoñibles no Charles Babbage Institute da Universidade de Minnesota, Minneapolis.
Blanch publicou máis de trinta artigos sobre aproximación funcional, análise numérica e funcións de Mathieu.