Ghahreman | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | قهرمان |
Director | Asghar Farhadi |
Produtor | Alexandre Mallet-Guy Asghar Farhadi |
Guión | Asghar Farhadi |
Intérpretes | Amir Jadidi Mohsen Tanabandeh Alireza Jahandideh Sahar Goldoost Fereshteh Sadr Orafaie Sarina Farhadi |
Fotografía | Ali Ghazi |
Montaxe | Hayedeh Safiyari |
Estudio | Memento Films |
Distribuidora | Amazon Studios |
Estrea | Festival de Cannes: 13 de xullo de 2021 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Irán Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Ghahreman (en persa: قهرمان) é un filme iraniano de 2021 escrito e dirixido por Asghar Farhadi e protagonizado por Amir Jadidi, Mohsen Tanabandeh e Alireza Jahandideh.[1] En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival de Cannes, onde finalmente gañou o Gran Premio.[2][3][4] Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios,[5] clasificándose na lista curta de decembro.
Rahim está no cárcere por mor dunha débeda que non puido pagar. Durante un permiso de dous días, trata de convencer ao seu acredor para que retire a súa queixa contra o pago dunha parte da cantidade. Pero as cousas non saen como estaba previsto.[6]