Gießen 46ers

Gießen 46ers
Información xeral
Liga ProA
Alcume MTV Gießen
Fundación 1937
Historia MTV 1846 Gießen (1937−1993)
Gießen Flippers (1993−2000)
Avitos Gießen (2000−2003)
Cores                Vermello, branco, negro
Presidente Alemaña Michael Koch
Adestrador Branislav Ignjatović
Patrocinador JobStairs
Localización
Cidade Alemaña Gießen, Alemaña
Pavillón Sporthalle Gießen-Ost
Capacidade 4 003
Inauguración 1969
Campionatos
Liga 5 (1965, 1967, 1968, 1975, 1978)
Copa 3 (1969, 1973, 1979)
giessen46ers.de

Os Gießen 46ers, coñecidos como JobStairs GIESSEN 46ers por motivos de patrocinio, son un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Gießen, Hesse. Fundado no ano 1937, actualmente que xoga na ProA, a segunda categoría do baloncesto xermano. Disputa os seus partidos como local no Sporthalle Giessen-Ost, pavillón con capacidade para 4 003 espectadores.[1] Os maiores éxitos do club chegaron nos anos 1960 e 1970, época na que conseguiron seus cinco campionatos de liga e tres copas. Até a temporada 2012−13 era o único equipo alemán que non descendera desde a fundación da Bundesliga en 1966.

A sociedade á que pertence foi fundada en 1846, de aí vén o apelativo de 46ers (os do 46), mais o equipo de baloncesto no comezou a funcionar ata 1937.[2] A súa época dourada foi na segunda metade da década dos anos 1960, acadando o seu primeiro título nacional en 1965,[3] repetindo en 1967 e 1968. Tras uns anos sen títulos, gañaron dous máis en 1975 e 1978. Os seus éxitos máis próximos no tempo, foron a súa aparición nas semifinais de 2005, onde perderon a eliminatoria por 1-3 ante o Brose Baskets, despois campións, e o terceiro posto conseguido na Copa de 2006. Na temporada 2012–13 o equipo descende por primeira vez na súa historia da Basketball Bundesliga desde a súa fundación en 1966, sendo o único equipo que permancera durante todas as camapañas. Con todo, o club consegue volver á elite tras ser campión da Segunda División (ProA) en 2014–15.

Temporadas

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel División Pos. Copa
2008–09 1 BBL 17º
2009–10 1 BBL 14º
2010–11 1 BBL 15º
2011–12 1 BBL 17º
2012–13 1 BBL 18º
2013–14 2 ProA
2014–15 2 ProA
2015–16 1 BBL
2016–17 1 BBL
2017–18 1 BBL 11º
2018–19 1 BBL 13º Oitavos de final
2019–20 1 BBL 13º Oitavos de final
2020–21 1 BBL 17º Fase de grupos
2021–22 1 BBL 18º
  • Liga de Alemaña
    • Campión (5): 1965, 1967, 1968, 1975, 1978
  • Copa de Alemaña
    • Campión (3): 1969, 1973, 1979

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]
  1. "LTi Giessen 46ers basketball - team details, stats, news, roster". Euro Basket. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  2. "Das Bundesliga-Urgestein von der Lahn". Giessen 46ers (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2015. 
  3. "Saison 1964/65". Giessen 46ers (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 23 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]