Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1900 Recife, Brasil |
Morte | 18 de xullo de 1987 (87 anos) Recife, Brasil |
Deputado federal por Pernambuco (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Columbia Universidade Baylor (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Antropoloxía e socioloxía |
Lugar de traballo | Brasilia |
Ocupación | sociólogo, antropólogo, escritor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Gilberto de Mello Freyre, nado en Recife o 15 de marzo de 1900 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1987, foi un sociólogo, antropólogo e escritor brasileiro, autor de Casa-grande e senzala, influente ensaio sobre a formación da sociedade brasileira, e creador da tese do Lusotropicalismo.
Gilberto Freyre era fillo dun xuíz e catedrático de Economía política da Facultade de Dereito de Recife, Alfredo Freyre.
Gilberto iniciou os seus estudos no Colexio Americano Gilreith; o seu mestre, Mr. Williams, ensinoulle a ler e escribir en inglés, o que foi decisivo para o seu futuro. O seu pai ensinoulle latín, e logo aprendeu grego. Realizou estudos superiores na Universidade de Columbia nos Estados Unidos onde coñeceu a Franz Boas, a súa principal referencia intelectual.
É un dos sociólogos máis importantes de América e influíu en numerosos terreos de estudos no Brasil. O seu primeiro e máis importante libro é Casa-Grande e Senzala, foi publicado en1933 e traducido ao castelán, inglés, francés e alemán. Está dividido en cinco capítulos: 1) características da colonización portuguesa; 2) o indíxena na formación da familia brasileira; 3) o colonizador portugués; 4 e 5) o escravo de orixe africana na vida sexual e a familia do brasileiro. As casas-grandes organizaron a vida brasileira colonial, e contrapúñanse ás senzalas, vivendas moi humildes dos escravos. Iso sérvelle como referencia simbólica para describir as relacións sociais no seu traballo interpretativo.
A súa Interpretación do Brasil, recolle ensaios sobre as raíces europeas da historia brasileira, a fronteira e as plantacións do Brasil, a unidade e diversidade rexional brasileira, as condicións étnicas e sociais, a política exterior, a situación étnica e xeográfica, a literatura moderna e os problemas sociais.
En 1946, Gilberto Freyre foi elixido pola União Democrática Nacional para a Assembleia Constituínte [1] e, en 1964, apoiou o movemento cívico-militar que derrocaría a João Goulart.
Os seus libros foron traducidos, ademais das linguas anteditas, a outras como o italiano ou xaponés. Admirador do lusófilo vasco Unamuno, ao que lembra en moitas ocasións; Freyre alén de socioloxía e antropoloxía, escribiu poesía e ensaio de diversos temas literarios, por exemplo escribiu páxinas sobre Cervantes. Gran lector, reuniu unha notábel e numerosa biblioteca.
Gañou numerosos premios, en distintos países, entre outros os da Academia Brasileira de Letras, o premio Anisfield-Wolf, a orde civil de Afonso X o Sabio, a portuguesa de Santiago da Espada ou a Lexión de Honra francesa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gilberto Freyre |
A Galicitas posúe citas sobre: Gilberto Freyre |