Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1904 Roma, Italia |
Morte | 6 de xaneiro de 1948 (43 anos) Roma, Italia |
Lugar de sepultura | Cemiterio comunal monumental Campo Verano |
Altura | 200 cm |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1936 | fencing at the 1936 Summer Olympics – men's foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1932 | fencing at the 1932 Summer Olympics – men's sabre (en) (medalla de prata olímpica) |
1932 | fencing at the 1932 Summer Olympics – men's foil (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1928 | Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1928 - Florete individual masculino (pt) (Medalla de bronce olímpica) |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
Giulio Gaudini, nado en Roma o 28 de setembro de 1904 e finado na mesma localidade o 6 de xaneiro de 1948, foi un tirador de esgrima italiano, gañador de nove medallas olímpicas.
Especialista nas modalidades de florete e sabre, participou aos 19 anos nos Xogos Olímpicos de 1924 celebrados en París, rematando cuarto na competición por equipos de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan gañou a medalla de ouro na proba de florete por equipos así como a medalla de bronce na competición individual. Nos Xogos Olímpicos de 1932 revalidou a medalla de bronce, ao tempo que gañaba tamén a medalla de prata na competición por equipos desa modalidade e a medalla de prata na proba individual e por equipos en sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín foi o portabandeira da delegación italiana na cerimonia inaugural e gañou a medalla de ouro nas probas de florete individual e por equipos, así como a medalla de prata na proba de sabre por equipos, rematando sexto na competición individual desta última modalidade.
Ao longo da súa carreira gañou 17 medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas oito de ouro.