Nome oficial | XL Belgian Grand Prix ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bélxica ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 ![]() |
Distancia do evento | 70 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo de Zolder (Heusden-Zolder) 50°59′20″N 5°15′20″L / 50.988888888889, 5.2555555555556 ![]() |
País | Bélxica ![]() |
Data | 9 de maio de 1982 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | John Watson ![]() |
Pole position | Alain Prost ![]() |
Volta máis rápida | John Watson ![]() |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1982 disputouse en Zolder o 9 de maio de 1982. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1982, o 40º Gran Premio de Bélxica e o noveno, que se celebrou no Autódromo de Zolder.
O piloto canadense Gilles Villeneuve morreu nun accidente durante a última sesión de clasificación. No momento do accidente, o seu compañeiro de equipo Didier Pironi fixara un tempo de 0,1 segundos máis rápido que Villeneuve no sexto lugar. Os periodistas deportivos contemporáneos e máis recentes din que trataba de mellorar o seu tempo na súa última volta. Algúns suxiren que especificamente para vencer a Pironi debido ao seu cabreo por ser adiantado por el dúas semanas antes nas voltas finais de San Marino, cando Villeneuve cría que Pironi recibira a orde de permanecer detrás de el.[1][2] O biógrafo de Villeneuve Gerald Donaldson cita ao enxeñeiro de carreira de Ferrari Mauro Forghieri dicindo que o canadense, aínda que apremando ao seu xeito habitual, volvía a boxes co seu último xogo de pneumáticos de cualificación cando se produciu o accidente.[3] Si fora así, el non establecería un tempo nesa volta.
A falta de oito minutos para rematar a sesión, Villeneuve achegouse á primeira chicane e atopou a Jochen Mass que pilotaba moito máis lentamente a través de Butte, a curva a esquerdas antes da curva Terlamenbocht. Mass viu a Villeneuve achegándose a gran velocidade e moveuse cara á dereita para deixarlle un paso na trazada. No mesmo instante Villeneuve tamén se moveu á dereita para pasar a Mass. O Ferrari golpeou a parte traseira do coche de Mass e saíu lanzado polo aire a unha velocidade estimada entre 200 e 225 km/h. Voou polo aire máis de 100 m antes aterrar e desintegrarse, logo dun salto mortal ao longo do bordo da pista. Villeneuve, aínda atado ao seu asento, pero sen o seu casco, saíu lanzado a 50 m dos restos no cercado de captura no bordo exterior da curva Terlamenbocht.[3][4]
Varios pilotos detivéronse e correron ata o lugar. John Watson e Derek Warwick sacaron a Villeneuve da vala de seguridade.[5] O primeiro médico chegou á escena aos 35 segundos para atopar que Villeneuve non respiraba, aínda que tiña pulso, foi entubado e ventilado antes de ser trasladado ao centro médico do circuíto e logo en helicóptero ao Hospital Universitario de San Rafael onde foi diagnosticada unha fractura de pescozo mortal.[6] A Villeneuve mantivérono vivo artificialmente, mentres a súa esposa viaxaba ao hospital e os médicos consultaban con especialistas de todo o mundo. Morreu ás 9:12 da noite.
O equipo Ferrari retirouse da carreira tralo accidente e abandonou o circuíto. Os últimos oito minutos da fase de clasificación disputáronse logo da retirada dos restos do accidente. Ningún piloto mellorou os seus tempos, quedando os Renault de Alain Prost e René Arnoux na primeira fila da grella.[7]
A carreira foi gañada por Watson por diante de Keke Rosberg e Eddie Cheever. Niki Lauda terminou en terceiro lugar na carreira, pero foi descualificado cando o seu coche foi atopado con baixo peso na verificación técnica posterior á carreira.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | ![]() |
McLaren-Ford | 70 | 1:35:41.995 | 10 | 9 |
2 | 6 | ![]() |
Williams-Ford | 70 | + 7.268 | 3 | 6 |
3 | 25 | ![]() |
Ligier-Matra | 69 | + 1 volta | 14 | 4 |
4 | 11 | ![]() |
Lotus-Ford | 68 | + 2 voltas | 11 | 3 |
5 | 1 | ![]() |
Brabham-BMW | 67 | + 3 Laps | 8 | 2 |
6 | 20 | ![]() |
Fittipaldi-Ford | 67 | + 3 voltas | 23 | 1 |
7 | 29 | ![]() |
Arrows-Ford | 66 | + 4 voltas | 22 | |
8 | 18 | ![]() |
March-Ford | 66 | + 4 voltas | 24 | |
9 | 26 | ![]() |
Ligier-Matra | 66 | + 4 voltas | 17 | |
DSC | 8 | ![]() |
McLaren-Ford | 70 | Descualificado | 4 | |
Ret | 5 | ![]() |
Williams-Ford | 60 | Trompo | 13 | |
Ret | 17 | ![]() |
March-Ford | 60 | Motor | 25 | |
Ret | 15 | ![]() |
Renault | 59 | Trompo | 1 | |
Ret | 2 | ![]() |
Brabham-BMW | 52 | Trompo | 9 | |
Ret | 30 | ![]() |
Arrows-Ford | 51 | Acelerador | 26 | |
Ret | 31 | ![]() |
Osella-Ford | 37 | Á rota | 16 | |
Ret | 22 | ![]() |
Alfa Romeo | 34 | Caixa de cambios | 6 | |
Ret | 4 | ![]() |
Tyrrell-Ford | 33 | Motor | 20 | |
Ret | 3 | ![]() |
Tyrrell-Ford | 29 | Motor | 5 | |
Ret | 35 | ![]() |
Toleman-Hart | 29 | Transmisión | 19 | |
Ret | 36 | ![]() |
Toleman-Hart | 13 | Freos | 21 | |
Ret | 12 | ![]() |
Lotus-Ford | 9 | Embrague | 7 | |
Ret | 16 | ![]() |
Renault | 7 | Turbo | 2 | |
Ret | 9 | ![]() |
ATS-Ford | 0 | Embrague | 12 | |
Ret | 23 | ![]() |
Alfa Romeo | 0 | Colisión | 15 | |
Ret | 10 | ![]() |
ATS-Ford | 0 | Colisión | 18 | |
NTS | 28 | ![]() |
Ferrari | Retirouse | |||
NTS | 27 | ![]() |
Ferrari | Accidente mortal | |||
NSC | 14 | ![]() |
Ensign-Ford | ||||
NSC | 33 | ![]() |
Theodore-Ford | ||||
NSCP | 32 | ![]() |
Osella-Ford | ||||
NSCP | 19 | ![]() |
March-Ford |
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1982 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1982 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1982 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1981 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1983 |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1982 ![]() |
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 2007-06-16.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |