Nome oficial | 5th Detroit Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Detroit |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1986 |
Distancia do evento | 63 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 22 de xuño de 1986 e 1986 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Nelson Piquet |
O Gran Premio de Detroit de 1986 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 22 de xuño de 1986 en Detroit, Míchigan. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1986 e o quinto Gran Premio de Detroit. A carreira disputouse sobre 63 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia total da carreira de 260 quilómetros.
A estrela emerxente de Lotus Ayrton Senna saíu desde a pole e logrou a vitoria, a cuarta da súa carreira. O mozo brasileiro avanzou a través da pista logo de caer ao oitavo posto a causa dun pneumático picado para acadar a súa primeira vitoria no Gran Premio dos Estados Unidos. A carreira viu seis cambios de líder entre cinco pilotos, a vitoria de Senna comezou unha racha que o viu lograr cinco vitorias no Gran Premio dos Estados Unidos en seis anos.
O americano Eddie Cheever, na súa única carreira de F1 da tempada, tomou o asento de Patrick Tambay no Carl Haas Lola, Tambay non estaba plenamente recuperado das súas lesións no Gran Premio do Canadá en Montreal. Haas intentara conseguir ao lendario Mario Andretti, pero, ao parecer por mor das pelexas entre a FISA e a CART, negóuselle a solicitude de licenza para Andretti. Cheever cualificou décimo, e retirouse a pouco máis de media carreira cunha espiga da roda rota.
Como se esperaba, os pilotos tiveron dificultades para atopar agarre nas sesións do venres, xa que o circuíto urbano temporal necesitaba tempo para conseguir un pouco de goma. O piloto de Williams Nigel Mansell foi o único en baixar dos 1:40. Nun magnífico sábado, Mansell e Senna agardaron o seu momento, esperaron ata a metade da sesión dunha hora para saír á pista. Senna amañouse para conseguir unha pista despexada, e rexistrou unha marca de 1:38.301. Mansell quedou segundo logo de que Alain Prost estrelarase na chicana, e Senna logrou a pole por máis de medio segundo.
O domingo presentouse cálido e húmido, con probabilidades de choiva. Ao principio, Senna liderou sobre Mansell na primeira curva, e René Arnoux de Ligier pasou por diante de Nelson Piquet no segundo Williams.
A partir da volta 3, o brasileiro perdeu unha marcha cando entraba na primeira curva, e o Williams de Mansell atacou polo liderado.
Para o final da quinta volta, a vantaxe de Mansell era de 4,3 segundos. pero as súas pastillas de freo traseiras estaban demasiado frías e convertéronse en cristal, Senna foi capaz de acercarse de novo ata el. E na volta 8, volveu tomar o liderado.
Senna inmediatamente comezou a afastarse, mentres Mansell caeu na clasificación. Na volta 14, con 6´5 segundos de vantaxe, Senna meteuse de repente en boxes cunha picada lenta no seu pneumático traseiro dereito. Malia un rápido cambio, volveu no oitavo lugar, a vinte segundos do novo líder, René Arnoux.
Arnoux mantivo o liderado tres voltas antes de ter que entrar en boxes para cambiar pneumáticos. O seu compañeiro de equipo en Ligier Jacques Laffite, correndo co composto máis duro de pneumáticos Pirelli, tomou o liderado. Aos 42 anos, foi a primeira vez que Laffite lideraba unha carreira en máis de tres anos, e a última vez na súa carreira.
Logo da súa parada na volta 14, Senna empezou a labrarse o seu camiño de regreso á parte dianteira, adiantando aos mellores pilotos da época. Pasou a Michele Alboreto na volta 15, a Stefan Johansson na volta 17, a Arnoux cando fixo a súa parada dos pneumáticos na volta 18, a Prost na volta 28, e a Mansell na volta 31. Cando Laffite tamén se detivo para cambiar os pneumáticos na volta 31, Piquet converteuse no quinto líder diferente da carreira, e Senna subiu ata o segundo lugar, só 1,7 segundos por detrás.
Con eles dous na fronte, Piquet chegou a liderar por 3,5 segundos, Senna dedicouse polo momento, a seguir ao seu compatriota. Logo de oito voltas na cabeza, Piquet entrou a cambiar pneumáticos, e Senna recuperou o primeiro lugar.
Os 18,4 segundos de parada de Piquet foi máis lenta que a do seu compañeiro de equipo Mansell, pero cando regresou á pista, o dúas veces campión levouse levaba o coitelo entre os dentes. Corría segundo detrás de Senna, Piquet marcou a volta rápida da carreira na volta 41, pero cunha parada en boxes dez segundos máis rápida que Piquet, Senna foi capaz de reter o liderado.
Na seguinte volta, a 42, Piquet estrelouse con forza na curva a esquerda antes da última chicana. Terminou na barreira de pneumáticos, ileso, pero co seu coche nunha posición moi precaria. O guindastre, presente por esa mesma razón, non foi capaz de mover o coche. Arnoux, agora 16.6 segundos por detrás era segundo, rebaixou un segundo por volta a vantaxe de Senna durante cinco voltas, mentres que unha bandeira de cor amarela mostrábase na curva onde Piquet estrelouse. Cando retiraron a bandeira amarela, Arnoux saíu desviado e golpeou o Williams abandonado de Piquet! O francés considerou que o seu coche non sufrira danos, e tratou de volver á pista, pero fíxoo xusto diante de Thierry Boutsen no seu Arrows, provocando o a retirada de ambos coches.
Moi pouco característico dunha carreira de rúa, Piquet, Arnoux e Boutsen foron os únicos pilotos en toda a tarde que se retiraron debido a accidentes.
A falta de 17 voltas para o final, Senna lideraba sobre Prost por 27 segundos, e o motor TAG do McLaren estaba perdendo potencia. Laffite foi capaz de pechar a brecha con Prost, e rapidamente o Ligier adiantouno acadando o segundo lugar. Senna chegou a meta cunha vantaxe de 30 segundos, na súa primeira vitoria nos Estados Unidos, e a única vitoria en América do fabricante de motores francés Renault.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 1:40.301 | 1:38.301 | — |
2 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:39.490 | 1:38.839 | +0.538 |
3 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 1:41.510 | 1:39.076 | +0.775 |
4 | 25 | René Arnoux | Ligier-Renault | 1:43.166 | 1:39.689 | +1.388 |
5 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 1:42.989 | 1:40.312 | +2.011 |
6 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 1:45.236 | 1:40.676 | +2.375 |
7 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:43.368 | 1:40.715 | +2.414 |
8 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 1:43.664 | 1:40.819 | +2.518 |
9 | 2 | Keke Rosberg | McLaren-TAG | 1:43.732 | 1:40.848 | +2.547 |
10 | 16 | Eddie Cheever | Lola-Ford | 1:46.499 | 1:41.540 | +3.239 |
11 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:44.296 | 1:41.606 | +3.305 |
12 | 20 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 1:43.759 | 1:41.836 | +3.535 |
13 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:45.711 | 1:42.279 | +3.978 |
14 | 11 | Johnny Dumfries | Lotus-Renault | 1:45.846 | 1:42.511 | +4.210 |
15 | 8 | Derek Warwick | Brabham-BMW | 1:44.890 | 1:42.558 | +4.257 |
16 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 1:45.250 | 1:42.815 | +4.514 |
17 | 19 | Teo Fabi | Benetton-BMW | 1:48.912 | 1:43.658 | +5.357 |
18 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 1:47.478 | 1:43.796 | +5.495 |
19 | 17 | Christian Danner | Arrows-BMW | 1:48.855 | 1:44.259 | +5.958 |
20 | 14 | Jonathan Palmer | Zakspeed | 1:49.812 | 1:44.401 | +6.100 |
21 | 15 | Alan Jones | Lola-Ford | 1:45.521 | 1:44.450 | +6.149 |
22 | 21 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 1:49.067 | 1:45.059 | +5.887 |
23 | 23 | Andrea de Cesaris | Minardi-Motori Moderni | 1:47.359 | 1:46.705 | +8.404 |
24 | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 1:47.230 | 11:12.906 | +8.929 |
25 | 22 | Allen Berg | Osella-Alfa Romeo | 1:56.741 | 1:48.682 | +10.381 |
26 | 29 | Huub Rothengatter | Zakspeed | 1:49.680 | 29:44.015 | +11.379 |
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 63 | 1:51:12.847 | 1 | 9 |
2 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 63 | + 31.017 | 6 | 6 |
3 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 63 | + 31.824 | 7 | 4 |
4 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 63 | + 1:30.936 | 11 | 3 |
5 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 62 | + 1 Lap | 2 | 2 |
6 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 62 | + 1 volta | 8 | 1 |
7 | 11 | Johnny Dumfries | Lotus-Renault | 61 | + 2 voltas | 14 | |
8 | 14 | Jonathan Palmer | Zakspeed | 61 | + 2 voltas | 20 | |
9 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 61 | + 2 voltas | 18 | |
10 | 8 | Derek Warwick | Brabham-BMW | 60 | + 3 voltas | 15 | |
Ret | 17 | Christian Danner | Arrows-BMW | 51 | Eléctrico | 19 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Renault | 46 | Accidente | 4 | |
Ret | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 44 | Accidente | 13 | |
Ret | 23 | Andrea de Cesaris | Minardi-Motori Moderni | 43 | Caixa de cambios | 23 | |
Ret | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 41 | Accidente | 3 | |
Ret | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 40 | Eléctrico | 5 | |
Ret | 19 | Teo Fabi | Benetton-BMW | 38 | Caixa de cambio | 17 | |
Ret | 16 | Eddie Cheever | Lola-Ford | 37 | Dirección | 10 | |
Ret | 15 | Alan Jones | Lola-Ford | 33 | Dirección | 21 | |
Ret | 22 | Allen Berg | Osella-Alfa Romeo | 28 | Eléctrico | 25 | |
Ret | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 15 | Eléctrico | 16 | |
Ret | 21 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 14 | Turbo | 22 | |
Ret | 2 | Keke Rosberg | McLaren-TAG | 12 | Transmisión | 9 | |
Ret | 20 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 8 | Motor | 12 | |
Ret | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 3 | Turbo | 24 | |
NTS | 29 | Huub Rothengatter | Zakspeed | 0 | Eléctrico | 26 | |
fonte:[1]
|
|
|
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1986 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1986 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1986 |
Carreira anterior: Gran Premio de Detroit de 1985 |
Gran Premio de Detroit | Carreira seguinte: Gran Premio de Detroit de 1987 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Detroit de 1986 |