Nome na lingua orixinal | (fr) Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024 ![]() |
---|---|
Tipo | carreira automobilística ![]() |
Deporte | competición de Fórmula 1 ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización |
Monte Carlo (Monte Carlo (en) ![]() Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) ![]() |
País | Mónaco ![]() |
Intervalo de tempo | 24 de maio de 2024 – 26 de maio de 2024 ![]() |
O Gran Premio de Mónaco de 2024 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2024) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 26 de maio de 2024 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, un circuíto urbano que atravesa o Principado de Mónaco.
O evento celebrouse durante a fin de semana do 24 ao 26 de maio no Circuíto de Mónaco no Principado de Mónaco por 70ª vez na historia do circuíto.[1] O Gran Premio foi a oitava proba do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 e a 81ª edición do Gran Premio de Mónaco.[2]
De cara á fin de semana, Max Verstappen lideraba o Campionato de Pilotos con 161 puntos, 48 puntos por diante de Charles Leclerc segundo e 54 por diante do seu compañeiro de equipo Sergio Pérez en terceiro lugar. Red Bull Racing, con 267 puntos, lideraba o Campionato de Construtores por diante de Ferrari e McLaren, segundo e terceiro con 212 e 154 puntos, respectivamente.[3]
O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C3, C4 e C5 (os tres máis brandos da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usaran no evento.[4]
Pneus para pista seca | Pneus para chuvia | |||
---|---|---|---|---|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Intermedios |
![]() Chuvia |
Celbráronse tres sesións de adestramentos libres para o evento.[5] A primeira sesión de adestramentos libres celebrouse o 24 de maio de 2024, ás 13:30 hora local. (UTC+2),[5] e encabezouna Lewis Hamilton de Mercedes por diante de Oscar Piastri de McLaren e o compañeiro de equipo de Hamilton, George Russell. Sacouse unha breve bandeira vermella despois de que Guanyu Zhou de Sauber esparexese restos pola curva 1 logo de bater co muro.[6] A segunda sesión de adestramentos libres celebrouse o mesmo día, ás 17:00 hora local,[5] e encabezouna Charles Leclerc da Ferrari por diante de Hamilton de Mercedes e Fernando Alonso do Aston Martin.[7] Celebrouse a terceira sesión de adestramentos libres o 25 de maio de 2024, ás 12:30 hora local, liderouna Leclerc por diante de Max Verstappen de Red Bull Racing e Hamilton.[5]
A cualificación celebrouse o 25 de maio de 2024, ás 16:00 hora local (UTC+2).[5]
Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 16 | ![]() |
Ferrari | 1:11.584 | 1:10.825 | 1:10.270 | 1 |
2 | 81 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:11.500 | 1:10.756 | 1:10.424 | 2 |
3 | 55 | ![]() |
Ferrari | 1:11.543 | 1:11.075 | 1:10.518 | 3 |
4 | 4 | ![]() |
McLaren-Mercedes | 1:11.760 | 1:10.732 | 1:10.542 | 4 |
5 | 63 | ![]() |
Mercedes | 1:11.492 | 1:10.929 | 1:10.543 | 5 |
6 | 1 | ![]() |
Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:11.711 | 1:10.745 | 1:10.567 | 6 |
7 | 44 | ![]() |
Mercedes | 1:11.528 | 1:11.056 | 1:10.621 | 7 |
8 | 22 | ![]() |
RB-Honda RBPT | 1:11.852 | 1:11.106 | 1:10.858 | 8 |
9 | 23 | ![]() |
Williams-Mercedes | 1:11.623 | 1:11.216 | 1:10.948 | 9 |
10 | 10 | ![]() |
Alpine-Renault | 1:11.714 | 1:10.896 | 1:11.311 | 10 |
11 | 31 | ![]() |
Alpine-Renault | 1:11.887 | 1:11.285 | 11 | |
12 | 3 | ![]() |
RB-Honda RBPT | 1:11.785 | 1:11.482 | 12 | |
13 | 18 | ![]() |
Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:11.728 | 1:11.563 | 13 | |
14 | 14 | ![]() |
Aston Martin Aramco-Mercedes | 1:12.019 | 14 | ||
15 | 2 | ![]() |
Williams-Mercedes | 1:12.020 | 15 | ||
16 | 11 | ![]() |
Red Bull Racing-Honda RBPT | 1:12.060 | 16 | ||
17 | 77 | ![]() |
Kick Sauber-Ferrari | 1:12.512 | 17 | ||
18 | 24 | ![]() |
Kick Sauber-Ferrari | 1:13.028 | 18 | ||
DSC | 27 | ![]() |
Haas-Ferrari | 1:11.876 | 1:11.440 | 19[8] | |
DSC | 20 | ![]() |
Haas-Ferrari | 1:11.832 | 1:11.725 | 20[9] | |
107% tempo: 1:16.594 | |||||||
Fonte:[10][11] |
A carreira celebrouse o 26 de maio de 2024, ás 15:00 hora local (UTC+2), e disputouso sobre 78 voltas.[5]
Na primeira curva, Carlos Sainz tivo unha picada nunha roda e perdeu moitas posicións. O piloto español de Ferrari sufriu unha colisión cun dos McLaren e tivo que afastarse. Por detrás, no segundo sector, Sergio Pérez sufriu un grave accidente tras tocar co muro e levarse por diante a os dous Haas de Nico Hülkenberg e Kevin Magnussen, que saían desde o pit lane, os tres tivéronse que retirar. O choque provocou importantes danos nas barreiras e unha gran cantidade de restos espallados polas primeiras curvas poloque a carreira víu unha bandeira vermella, ademais, cando os Alpine saían de Portier, Esteban Ocon pechouse no camiño de Pierre Gasly, lanzando o coche do primeiro cara arriba. Ocon, que admitiu a responsabilidade do incidente, retirouse durante o período de bandeira vermella. A carreira reiniciouse as 15:45. A dirección de carreira considerou que as posicións para a saída serian as mesmas que na saída. Aínda que os coches pasaran polo primeiro sector, esa primeira volta accidentada considerarase "nula", en canto a posicións.
Leclerc mantivo o liderado tras o reinicio para gañar unha carreira en procesión por diante de Piastri, Sainz e Norris, a súa primeira vitoria dende o Gran Premio de Austria de 2022. Leclerc converteuse no primeiro piloto monegasco desde Louis Chiron en 1931 en gañar o seu Gran Premio de casa, e o primeiro en gañalo desde o comezo da Fórmula 1 en 1950.
|
|
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 2024 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio da Emilia-Romaña de 2024 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2024 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 2024 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 2023 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 2025 |