Nome oficial | LII RAC British Grand Prix ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Reino Unido ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1999 ![]() |
Distancia do evento | 60 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Silverstone (Silverstone) 52°04′30″N 1°01′00″O / 52.075, -1.0167 ![]() |
Lonxitude | 5,891 km ![]() |
País | Reino Unido ![]() |
Data | 11 de xullo de 1999 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | David Coulthard ![]() |
Pole position | Mika Häkkinen ![]() |
Volta máis rápida | Mika Häkkinen ![]() |
O Gran Premio do Reino Unido de 1999[1] (oficialmente o LII RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 11 de xullo de 1999 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a oitava rolda da tempada de Fórmula Un de 1999.[2] A carreira de 60 voltas gañouna o piloto de McLaren David Coulthard despois de empezar desde a terceira posición. Eddie Irvine terminou segundo co equipo Ferrari e o piloto de Williams Ralf Schumacher entrou na terceira posición.
Jacques Villeneuve e Alessandro Zanardi calaron o coche na grella e provocaron o reinicio da carreira.
Mentres ondeaban as bandeiras vermellas, Michael Schumacher estrelouse na curva Stowe debido a un fallo nos freos, rompendose unha perna. Isto mantivoo fóra da Fórmula Un ata o Gran Premio de Malaisia de 1999, finalizando as súas esperanzas de lograr o campionato.
Despois dunha tempada difícil Damon Hill realizou un bo traballo para terminar 5º na súa carreira na casa e parecía o suficientemente feliz como para seguir o resto da tempada. Tamén liderou brevemente a carreira por unha volta, foi a última vez que lideraría un Gran Premio.[3]
Este foi a última chegada a meta de Toranosuke Takagi nunha carreira de Fórmula Un. Non conseguiu terminar ningunha das oito carreiras posteriores.
|
|
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1999 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1999 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1999 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 1998 |
Gran Premio do Reino Unido | Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 2000 |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Reino Unido de 1999 ![]() |