Granxeiro último modelo | |
---|---|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Granxeiro último modelo (o título orixinal en inglés é Green Acres) é unha serie norteamericana de humor producida entre 1965 e 1971. Consta de 170 episodios, e foi emitida dobrada na TVG.
Narra as vivencias dun matrimonio de cidade, un avogado e a súa dona (ela moi acostumada ás comodidades da urbe), o marido de sempre tivera a idea de ir vivir ao campo pero nunca dera o paso ata que un día decide mercar unha granxa que está á venda.
Deciden deixalo todo e trasladárense ao campo, no medio de animais e tractores; mais aínda que lles custa acostumarse á súa nova vida, pouco a pouco rematarán por afacerse.