Guilherme | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Guilherme dos Santos Torres | ||
Nacemento | 5 de abril de 1991 (33 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santo André | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Olympiacos | ||
Número | 12 | ||
Carreira xuvenil | |||
2002–2009 | Portuguesa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2012 | Portuguesa | 46 | (4) |
2012–2014 | Corinthians | 46 | (5) |
2014–2017 | Udinese | 39 | (0) |
2016–2017 | → Deportivo (cedido) | 30 | (2) |
2017–2018 | Deportivo da Coruña | 31 | (0) |
2018– | Olympiacos | 0 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 12 de maio de 2018. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Guilherme dos Santos Torres, nado en Santo André (São Paulo) o 5 de abril de 1991, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Olympiacos FC.
O 18 de xullo de 2016 fichou polo Deportivo da Coruña, cedido por unha campaña polo Udinese Calcio, con opción de compra.[1][2]
O 15 de xuño de 2017 coñeceuse que o Deportivo exerceu a opción de compra sobre o xogador, polo que fará un desembolso próximo aos 5 millóns de euros, en varios prazos, ao Udinese Calcio, firmando un contrato por catro temporadas co club branquiazul.[3]
O 17 de agosto de 2018 anunciouse o seu traspaso ao Olympiacos F.C. grego.[4] O montante da operación estivo próximo aos 2,5 millóns de euros.[5]