Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1938 Lusaca, Zambia |
Morte | 14 de marzo de 2009 (70 anos) Lusaca, Zambia |
Embaixador | |
Membro da Assembleia Nacional da Zâmbia (pt) | |
Datos persoais | |
Educación | American University (pt) |
Actividade | |
Ocupación | política, poetisa, diplomática, escritora |
Cronoloxía | |
2009 | Funeral de Estado (pt) |
Gwendoline Chomba Konie, nada en Lusaca o 9 de outubro de 1938 e finada na mesma cidade o 14 de marzo de 2009, foi unha escritora, diplomática e política de Zambia. Foi embaixadora do seu país en Escandinavia, as Nacións Unidas e Alemaña. En 2000 formou o seu propio partido político e en 2001 foi candidata á presidencia de Zambia.
Naceu na por entón Rodesia do Norte, protectorado británico. Estudou na Universidade de Cardiff, en Gales, e na Universidade Americana en Washington, D.C., nos Estados Unidos de América.[1] Doutorouse en Socioloxía pola Universidade de Warwick.[2]
En 1962 foi elixida por Evelyn Dennison Hone, gobernador xeral de Rodesia do Norte, para ser membro do Consello Lexislativo. Antes de aceptar, ela consultou con Kenneth Kaunda e finalmente aceptou o cargo.[3] Formouse en Asuntos Exteriores e entre 1974 e 1977 foi Embaixadora en Suecia, Dinamarca, Noruega e Finlandia. En 1977 foi nomeada representante permanente de Zambia ante as Nacións Unidas, e en 1979 pasou a ser secretaria permanente do Ministerio de Turismo de Zambia.[3] Despois da perda de porder de Kenneth Kaunda, seguiu traballando como diplomática co presidente Frederick Chiluba até 1997, e foi nomeada embaixadora en Alemaña.[4]
Nas eleccións xerais de 2001 foi candidata á presidencia de Zambia ppolo Partido Social Democrático, que fundara en agosto de 2000 co foco posto en problemática social infantil e feminina.[4][5]
Como escritora, o seu poema "In the Fist of your Hatred" foi incluído en 2007 en The Penguin Book of Modern African Poetry. O texto é un escrito contra a arrogancia masculina.[6]
Tras a súa morte no Hospital MKP Trust de Lusaca, recibiu un funeral de estado.[7].[8]