HC VERVA Litvínov | |
---|---|
Fundación | 1945 |
Cidade | Litvínov, Ústí nad Labem República Checa |
Estadio | Zimní stadion Ivana Hlinky (7.000 espectadores) |
Liga | Extraliga Checa |
Adestrador | Vladimír Jeřábek Petr Rosol |
Cores | Amarelo, negro e branco |
Na rede | |
https://www.hcverva.cz/index.asp?cover=nikdy | |
O HC VERVA Litvínov é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Litvínov, República Checa. O club foi fundado en 1945 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa. Xoga os seus partidos como local no Zimní stadion Ivana Hlinky, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.[1]
O equipo foi fundado o 8 de novembro de 1945 co nome de Sportovní klub Stalinovy závody Horní Litvínov.[2] En 1959 ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo en Checoslovaquia e dende aquela nunca descendeu.
Nas tempadas 1996-97 e 1998-99 xogou a IIHF European Champios Cup, alcanzando os cuartos de final na súa primeira participación.
O equipo conseguiu o subcampionato de liga en catro ocasión (1978, 1984, 1991 e 1996), se ben agás na 1995-96 todas foron antes da desaparición de Checoslovaquia.
|
|
|
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Litvínov |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |