Haemoo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 해무 |
Director | Shim Sung-bo |
Produtor | Bong Joon-ho Lewis Taewan Kim Jo Neung-yeon |
Guión | Shim Sung-bo Bong Joon-ho |
Baseado en | Haemoo de Kim Min-jung |
Intérpretes | Kim Yoon-seok Park Yoo-chun |
Música | Jeong Jae-il |
Fotografía | Hong Kyung-pyo |
Montaxe | Kim Sang-bum Kim Jae-bum |
Distribuidora | Next Entertainment World |
Estrea | 13 de agosto de 2014 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama |
Orzamento | 10 millóns de dólares |
Recadación | 11,4 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
http://www.haemoo.co.kr/ | |
Haemoo (en coreano: 해무) é un filme surcoreano de 2014 dirixido por Shim Sung-bo. O filme é unha adaptación da obra de teatro de 2007 Haemoo,[2] que á súa vez está baseada na historia real de 25 inmigrantes ilegais chineses-coreanos que morreron sufocados no interior dun tanque de almacenamento do barco pesqueiro Taechangho; a tripulación guindou os corpos ó mar ó suroeste de Yeosu o 7 de outubro de 2001.[3][4]
Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5][6][7]