![]() (2016) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ar) حنان حامد محمد الحروب ![]() 6 de marzo de 1972 ![]() Dheisheh, Estado de Palestina ![]() |
Educación | Universidade Aberta de Al-Quds ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
Premios | |
Hanan Hamid Muhamad Al Hrub (en árabe: حنان حامد محمد الحروب), nada o 6 de marzo de 1972 en Dheisheh, é unha profesora palestina que en 2016 foi a segunda gañadora do Premio Global ao Ensino. Está especializada no apoio a nenos traumatizados pola violencia.[1]
Medrou no campo de refuxiados de Dheisheh[2] preto de Belén,[3] onde foi testemuña e vítima de actos violentos. Os seus propios fillos experimentaron un incidente traumático no que dispararon ao seu pai nun posto de control israelí. Al Hroub estudou inglés na universidade e quería ser tradutora,[4] pero decidiu comezar a traballar na docencia despois de que uns soldados israelís disparasen aos seus fillos xemelgos de 9 anos e o seu fillo pequeno de 6 ao comezo da Intifada de Al-Aqsa.[2]
Al Hroub dá clases a nenos en campos de refuxiados[5] e o seu slogan é "Non á violencia". Emprega unha metodoloxía desenvolvida por ela mesma na que usa o teatro para a resolución de problemas e a tensión. O seu método está desenvolvido e explicado no seu libro, We Play and Learn. Afirma que cando empezou a ensinar, "a violencia que os rapaces vían nas rúas se traía ás clases", pero após duns poucos meses, o seu comportamento e actitude mellou enormemente.[6]