Hard-Fi | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra, Reino Unido |
Período | 2001 - presente |
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival |
Selo(s) discográfico(s) | Atlantic Records |
Membros | Richard Archer Ross Phillips Kai Stephens Steve Kemp |
Artistas relacionados | Contempo |
Na rede | |
www.Hard-Fi.com | |
Hard-Fi é unha banda británica de indie rock e post-punk formada en 2002 nos suburbios de Londres, no barrio de Staines.
A súa música chamou a atención do público coa canción "Hard to Beat".[1] O éxito de "Hard to Beat" foi seguido de éxito trás éxito como "Cash Machine"[2] e "Living for the Weekend",[3] todos chegaron ós 15 principais no Reino Unido.[4] O seu álbum debut Stars of CCTV saíu o 4 de xullo 2005,[5] foi ben recibido, o NME nomeouno álbum do ano e recibiu un nomeamento para o premio Mercury e dous premios BRIT, Mellor Grupo Británico e Mellor Artista de Rock Británico[6]), tardando seis meses en chegar ó primeiro posto o 22 de xaneiro de 2006.[7] Inicialmente entrara no posto número 6.[7] O segundo álbum, Once Upon a Time in the West, saíu o 3 de setembro de 2007[5] e chegou ó primeiro posto na primeira semana.[8]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Stars of CCTV | 2006 | Necessary Records, Atlantic Records |
Once Upon a Time in the West | 2007 | Necessary Records, Atlantic Records |
Killer Sounds | 2011 | Necessary Records |