Hellblade: Senua's Sacrifice | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Ninja Theory |
Distribuidora(s) | Ninja Theory |
Director(es) | Tameem Antoniades |
Produtor(es) | Dominic Matthews |
Compositor(es) | Andy LaPlegua David García Díaz |
Motor | Unreal Engine 4 |
Lanzamento | 8 de agosto de 2017[1][2] |
Xénero | Acción |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | USK ![]() |
Plataforma(s) | Microsoft Windows, PlayStation 4 |
Na rede | |
http://www.hellblade.com/ | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hellblade: Senua's Sacrifice é un videoxogo de acción e terror psicolóxico desenvolvido e distribuído por Ninja Theory para Microsoft Windows e PlayStation 4. Foi descrito como un xogo "independent AAA" polo seu desenvolvedor.[3][4]
A historia está baseada nos pictos, así como na mitoloxía celta e nórdica. Céntrase no punto de vista de Senua (Melina Juergens) unha guerreira celta que se embarca nunha viaxe a través dun inframundo infernal formado polas manifestacións psicóticas da súa mente.[5]