Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Lucien Ernest Eugène Anspach 10 de xullo de 1882 Bruxelas, Bélxica |
Morte | 29 de marzo de 1979 (96 anos) Portet-sur-Garonne, Francia |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista, pintor |
Nacionalidade deportiva | Bélxica |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 |
Familia | |
Pai | Lucien Anspach |
Premios | |
Henri Anspach, nado o 10 de xullo de 1882 e finado o 29 de marzo de 1979, foi un pintor e tirador de esgrima belga, gañador dunha medalla olímpica.
Participou nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo no equipo de espada xunto ao seu irmán Paul Anspach, o recoñecido artísta Jacques Ochs e Gaston Salmon gañando a medalla de ouro, tamén competiu no equipo de sabre, que quedou quinto.[1]. Nas competicións individuais chegou á semifinal tanto en florete como en espada antes de ser eliminado. Durante a primeira guerra mundial formou parte da Sección artística do exército belga en campaña, encargado de representar os feitos da vida e da guerra na fronte. Posteriormente desenvolveu un estilo postimpresionista.