Henry Lee

Modelo:BiografíaHenry Lee
Biografía
Nacemento1826 Editar o valor en Wikidata
Morte1888 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Actividade
Ocupaciónnaturalista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

Henry Lee, nado en 1826 e finado o 31 de outubro de 1888, foi un naturalista inglés, coñecido como director e autor de acuarios e escritor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sucedeu a John Keast Lord como naturalista do acuario de Brighton en 1872, e foi durante un tempo director. No acuario instituíu experimentos sobre a migración dos osméridos, os hábitos do arenque, branquetas, caranguexos de río e outros temas.[1]

Lee era un coleccionista afeccionado de espécimes de historia natural e microscopista. Foi membro da Linnean Society, Geological Society e Zoological Society, en Londres. Foi presidente do Quekett Microscopical Club de 1875 a 1877. Morreu, tras algúns anos de mala saúde, en Renton House, Brixton, o 31 de outubro de 1888. [1]

Lee mostrouse escéptico ante as afirmacións da criptozooloxía e das serpes mariñas. O seu libro Sea Monsters Unmasked (1884) comparou os avistamentos do Kraken coa lura.[2]

Lee produciu Aquarium Notes ('Notas do acuario') para os visitantes. El escribiu:

Foi colaborador de Land and Water. [1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Watkins 1892.
  2. Binns, Ronald. (1984). The Loch Ness Mystery Solved. Prometheus Books. p. 207. ISBN 978-0879752781 "Monsters Unmasked (1884) was an earnest attempt to demolish the case for the Kraken and the sea-serpent, attributing such sightings to the squid."

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Traballos de Henry Lee en Project Gutenberg