Herminio Martínez Álvarez

Modelo:BiografíaHerminio Martínez Álvarez
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Bouzas, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xullo de 1976 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAtacante Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Sevilla FC

Herminio Martínez Álvarez, nado en Bouzas (Vigo) o 6 de xaneiro de 1896 e finado o 13 de xullo de 1976, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de defensa, coñecido deportivamente como Cuqui.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a despuntar como futbolista xogando no Real Club Fortuna de Vigo, a onde chegou en 1916. As súas boas características fixñeronse coñecidas en gran parte do estado, que levou a un axente do Sevilla FC a desprazarse ata Vigo para fichalo, naqueles anos nos que o fútbol aínda era un deporte afeccionado. Así ficha polo Sevilla en 1919, onde xogaría ata 1926.

A súa retirada do fútbol foi a causa dunha grave lesión, a rotura do menisco, por aquel entón incurábel. Esta sería a primeira de varias desgrazas que sufriu, como o bombardeo de Córdoba durante a guerra civil española ou unha trombose da que xa non se recuperaría.

Internacional

[editar | editar a fonte]

O seu bo papel no Sevilla FC fixo que fose convocado en dúas ocasións coa Selección de fútbol de España, ante Portugal nos dous casos, o 16 de decembro de 1923 e o 17 de maio de 1925.