Hocus Pocus 2 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Hocus Pocus 2 |
Director | Anne Fletcher |
Produtor | Lynn Harris |
Guión | Jen D'Angelo |
Baseado en | Personaxes de Mick Garris e David Kirschner |
Intérpretes | |
Música | John Debney |
Fotografía | Elliot Davis |
Montaxe | Julia Wong |
Estudio |
|
Distribuidora | Disney+ |
Estrea | 30 de setembro de 2022 |
Duración | 103 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos |
Filme anterior | Hocus Pocus |
Na rede | |
https://disneyplusoriginals.disney.com/movie/hocus-pocus-2 | |
Hocus Pocus 2 é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Anne Fletcher, escrito por Jen D'Angelo e producido por Walt Disney Pictures. É unha secuela do filme de 1993 Hocus Pocus, e está protagonizado por Bette Midler, Sarah Jessica Parker, Kathy Najimy e Doug Jones[3] que retoman o seu papel do filme orixinal, xunto con Sam Richardson, Whitney Peak, Belissa Escobedo, Tony Hale e Hannah Waddingham nos novos papeis.
A rodaxe produciuse dende outubro de 2021 até o xaneiro de 2022 en Rhode Island, subtituíndo a Salem, Massachusetts. Estreouse en Disney+ o 30 de setembro de 2022.[4] O filme recibiu valoracións dispares, con eloxios ás interpretación, humor e a nostalxia, mais o argumento recibiu críticas.