Hollywood | |
---|---|
Autor/a | Charles Bukowski |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Novela, Realismo sucio |
Editorial | Black Sparrow Books |
Data de pub. | 1989 |
ISBN | ISBN 0-87685-765-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hollywood é unha novela de 1989, escrita por Charles Bukowski. Na novela conta a modo de ficción as súas experiencias arredor da película Barfly, da que foi guionista.
O libro fala da súa experiencia como o ficticio guionista Hank Chinaski (o seu alter ego), desde os inicios da escritura do guión ata o fin da película. Conta todo o proceso de preprodución, rodaxe e montaxe, e os diversos problemas cos que se atopa a produción. Ademais de guionista, fixo un pequeno cameo como borracho.
Moitos dos personaxes da novela son correspondencias de personaxes reais da vida de Hollywood: