Horta Nord

Modelo:Xeografía políticaHorta Nord
Imaxe

Localización
Mapa
 39°33′14″N 0°20′35″O / 39.5539, -0.3431
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia Editar o valor en Wikidata
Capitalsen valor Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación305.422 (2022) Editar o valor en Wikidata (1.732,1 hab./km²)
Lingua oficialValenciano (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie176,33 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario

A Horta Nord (en galego Horta Norte) é unha comarca da Comunidade Valenciana. Non ten capital administrativa. As cidades máis importantes da comarca son: Burjassot, Alboraia, Montcada (Capital Judicial), Puçol e Massamagrell. É preciso destacar que aqueles actos que afectan a tódolos concellos da Comarca, coma os Jocs Esportius de L'Horta Nord (Xogos Deportivos da Horta Norte), que se celebran na cidade de Alboraia, e que Montcada é a cabeza do Partido Xudicial e sede da Delegación da Axencia Tributaria.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Camp de Morvedre, ao leste co mar Mediterráneo, ao sur coa cidade de Valencia e ao oeste co Camp de Túria e a Horta Oest. Atópase situada dentro do ámbito lingüístico valenciano-parlante.

Os municipios desta comarca son:

Municipio Poboación Extensión Densidade
Albalat dels Sorells 3.708 4,6 806,08
Alboraia 21.582 8,3 2.409,76
Albuixec 3.646 4,4 828,63
Alfara del Patriarca 2.858 2 1.429
Almàssera 6.928 2,7 2.565,92
Bonrepòs i Mirambell 3.047 1,1 2.770
Burjassot 37.403 3,4 11.000,88
Emperador 467 0,1 4.670
Foios 6.358 6,50 978,1
Godella 12.993 8,3 1.565,42
Massalfassar 1.880 2,5 752
Massamagrell 14.568 6,2 2.349,67
Meliana 9.827 4,7 2.090,85
Montcada 21.109 15,8 1.336,01
Museros 4.834 12,5 386,72
La Pobla de Farnals 6.752 3,6 1.875,55
Puçol 17.947 18,1 991,54
El Puig de Santa Maria 8.197 26,8 305,85
Rafelbunyol 7.103 4,2 1.691,19
Rocafort 6.259 2,4 2.607,91
Tavernes Blanques 9.270 0,7 13.242,85
Vinalesa 2.783 1,5 1.855,33
Totais: 209.519 140,4 1.492,3

Antigamente a Comarca da Horta de València incluía as actuais comarcas da Horta Nord, Horta Oest, Horta Sud e a cidade de Valencia. Debido ao crecemento de todas estas comarcas vanse dividir nas catro comarcas actuais.

A comarca da Horta Nord é de creación moderna, no ano 1989.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]