House at the End of the Street | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | House at the End of the Street |
Director | Mark Tonderai |
Produtor | Aaron Ryder Peter Block Ryan Kavanaugh |
Guión | David Loucka Jonathan Mostow |
Intérpretes | Jennifer Lawrence Max Thieriot Gil Bellows Elisabeth Shue Eva Link Nolan Gerard Funk Allie MacDonald |
Música | Theo Green |
Fotografía | Miroslaw Baszak |
Montaxe | Steve Mirkovich Karen Porter |
Estudio | FilmNation Entertainment |
Distribuidora | Relativity Media Alliance Films (Canadá) |
Estrea | 21 de setembro de 2012 |
Duración | 101 minutos 102 minutos (sen corte) |
Orixe | Canadá Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $6 900 000[1] |
Recadación | $42 781 908[2] |
Na rede | |
House at the End of the Street é un filme estadounidense dirixido por Mark Tonderai que se estreou no 2012. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, Max Thieriot, Gil Bellows e Elisabeth Shue. Malia a negativa resposta da crítica, foi un éxito de recadación e acadou o número 1 na primeira semana da estrea.
Cando unha moza adolescente se muda xunto coa súa nai a unha nova cidade, descobre que a súa casa está a carón doutra na que tivo lugar un dobre asasinato. As cousas comezarán a complicarse cando a moza se fai amiga dun rapaz que sobreviviu ao masacre.