![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Hryhorii Yakhymovych (en ucraíno: Григорій Яхимович; en polaco: Grzegorz Jachimowicz), nado o 16 de febreiro de 1792[1][2] en Pidhirtsi[3] e finado o 29 de abril de 1863 en Lviv, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, arcebispo de Lviv e metropolita de Galicia dende 1859 até a súa morte.
O 14 de setembro de 1816 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Mykhailo Levytskyi.
O 15 de xullo de 1840 foi nomeado bispo auxiliar de Lviv e bispo titular de Pompeiopolis in Cilicia. Recibiu a consagración episcopal o 21 de novembro de 1841 de mans do metropolita Mykhailo Levytskyi, e tivo como co-consagrantes principais ao arcebispo latino de Lviv František de Paula Pištěk, ao arcebispo armenio de Lviv Samuel Cyryl Stefanowicz, ao bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Ivan Snihurskyi, e ao bispo latino de Przemyśl Franciszek Ksawery Zachariasiewicz.
O 5 de setembro de 1848 foi nomeado bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok.
O 5 de setembro de 1859 foi elixido arcebispo de Lviv. Foi confirmado o 23 de marzo de 1860. Finou no cargo tres anos despois, o 29 de abril de 1863.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Ivan Snihurskyi |
Bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok 1848 - 1860 |
Sucesor: Toma Polianskyi |
Predecesor: Mykhailo Levytskyi |
Arcebispo de Lviv e Metropolita de Galicia 1859 - 1863 |
Sucesor: Spyrydon Lytvynovych |