I Don't Know How She Does It | |
---|---|
Tipo | filme ![]() |
Xénero artístico | cinema de comedia ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Autoría | |
Director/a | Douglas McGrath ![]() |
Compositor/a | Aaron Zigman (pt) ![]() ![]() |
Guionista | Aline Brosh McKenna (pt) ![]() ![]() |
Director/a fotografía | Stuart Dryburgh ![]() |
Editor/a de cine | Kevin Tent (pt) ![]() ![]() |
Deseñador/a produción | Santo Loquasto ![]() |
Deseñador/a vestiario | Renee Ehrlich Kalfus ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Nova York ![]() |
Publicación | |
Data publicación
| |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Donna Gigliotti ![]() |
Produtor/a executivo | Aline Brosh McKenna (pt) ![]() ![]() |
Compañía produtora | The Weinstein Company ![]() |
Distribuidor/a | The Weinstein Company e Netflix ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Puntuación crítica
| |
Dimensións | |
Duración | 1 hora e 35 minutos ![]() |
Localización | |
Localización rodaxe | Nova York ![]() |
Ligazóns | |
Páxina WEB | howshedoesitmovie.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
I Don't Know How She Does It é unha comedia romántica estreada o 16 de setembro de 2011 en Estados Unidos. Protagonizada por Sarah Jessica Parker, Pierce Brosnan e Greg Kinnear, dirixida por Douglas McGrath, está baseada na novela de título homónimo de Allison Pearson.
Kate Reddy (Sarah Jessica Parker) é unha muller que traballa nunha importante compañía financeira en Boston e que ao caer a noite regresa á súa casa xunta dos seus dous fillos pequenos e o seu marido Richard (Greg Kinnear), un arquitecto que acaba de perder o seu emprego. A mellor amiga e compañeira de traballo de Kate, Allison Henderson (Christina Hendricks), vive exactamente a mesma complicada situación de tratar de conciliar a vida laboral e familiar.
O problema vén cando Kate recibe un encargo no traballo que a levará a realizar numerosas viaxes á cidade de Nova York cando o seu home Richard consegue o emprego que sempre desexou, e a situación laboral de ambos fará que o matrimonio se distancie. A situación verase agravada cando o novo compañeiro de Kate, o atractivo Jack Abelhammer (Pierce Brosnan), se converta nunha inesperada tentación que a fará dubidar da súa vida conxugal.
Rodouse entre o 11 de xaneiro e o 31 de marzo de 2011,[1] integramente na cidade de Nova York, Estados Unidos.[2]