Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) Estados Unidos de América |
Residencia | San Francisco |
Educación | Universidade de Montreal (pt) - Doutor en filosofía (–2014) Universidade Stanford San Dieguito High School Academy (en) |
Director de tese | Yoshua Bengio e Aaron C. Courville (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Deep learning e ciencias da información |
Ocupación | informático teórico, investigador da intelixencia artificial, cientista da informação (pt) |
Empregador | |
Profesores | Yoshua Bengio |
Sitio web | iangoodfellow.com |
Ian Goodfellow, nado en 1985, é un enxeñeiro informático estadounidense e investigador dentro do proxecto de Google Brain, na sede central da compañía Google en Mountain View, California. Foi galardoado como un dos 35 perfís máis innovadores por debaixo dos 35 anos en 2017 polo MIT Technology Review a revista do propio MIT pola súa invención das redes xenerativas antagónicas, avance no campo da aprendizaxe automática.[1]
O traballo académico de Goodfellow acada a 2018 máis de 14.000 citas [2] que protagonizan as redes xenerativas antagónicas, algoritmos de intelixencia artificial adestrados sobre o mesmo conxunto de datos. Ambos algoritmos compiten, un pretendendo aumentar o índice de erro do outro, encargado de discriminar o resultado.[3] Goodfellow é coautor dun libro introdutorio á aprendizaxe profunda aberto en liña e publicado por The MIT Press.[4]