Iceage

Iceage
OrixeCopenhaguen, Dinamarca Dinamarca
Período2008 - presente
Xénero(s)punk rock, post-punk, noise rock, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Escho, Posh Isolation, Dais Records, Big Love, What's Your Rupture?, Tambourhinoceros, Matador
MembrosJohan Surrballe Wieth
Dan Kjær Nielsen
Elias Bender Rønnenfelt
Jakob Tvilling Pless
Artistas relacionadosSexdrome, Cult of Youth, Lower, Marching Church, War (Vår), Lust For Youth, Sky Ferreira
Na rede
web oficial
Facebook: IceageCopenhagen Instagram: iceage Bandcamp: iceage Spotify: 03hlOXqRyyXO3ectp3eEbU Last fm: Iceage Musicbrainz: 7e01053e-e701-4e55-8a29-b8cfdcdee205 Songkick: 2613161 Discogs: 1599156 Allmusic: mn0002658277 Editar o valor en Wikidata

Iceage é unha banda de punk rock dinamarquesa procedente de Copenhaguen.[1] O grupo formouse no ano 2008 e ata a data leva publicados cinco álbums de estudio: New Brigade (2011), You're Nothing (2013), Plowing Into the Field of Love (2014), Beyondless (2018), e Seek Shelter (2021).

Iceage formouse no ano 2008 cando os membros da banda tiñas unha media de 17 anos de idade.[2] O grupo asinou con Escho para publicar o seu 7" de estrea en 2009[3] e posteriormente ficharon polo selo Tambourhinoceros en Dinamarca e por Dais Records nos Estados Unidos. Despois disto asinaron coa discográfica What's Your Rupture? Records para lanzamentos internacionais e editaron o seu álbum de estrea, New Brigade, en xaneiro de 2011 in Dinamarca e o 21 de xuño dese ano nos Estados Unidos.[4]

En febreiro de 2013 Iceage publicou o seu segundo álbum, You're Nothing, tras fichar polo selo independente Matador Records.[5] O terceiro disco do grupo, Plowing Into the Field of Love, editouse en outubro de 2014 tamén a través de Matador. Os tres álbums foron nomeados ao premio ao mellor álbum independente europeo da asociación IMPALA.

Iceage lanzou o seu cuarto traballo, Beyondless, o 4 de maio de 2018 a través de Matador,[6] e o seu quinto e derradeiro álbum ata a data, Seek Shelter , apareceu o 7 de maio de 2021.[7]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
New Brigade 2011 What's Your Rupture?
You're Nothing 2013 Matador Records
Plowing Into the Field of Love 2014 Matador Records
Beyondless 2018 Matador Records
Seek Shelter 2021 Mexican Summer
  1. Muhlke, Christine (2011-06-16). "Now Slammin' - Iceage in Brooklyn". T Magazine (en inglés). Consultado o 2021-10-07. 
  2. "Iceage Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-10-07. 
  3. "Iceage - Iceage". Discogs (en inglés). Consultado o 2021-10-07. 
  4. "ICEAGE". iceagecopenhagen.blogspot.com (en dinamarqués). Consultado o 2021-10-07. 
  5. Nast, Condé (2012-11-16). "Iceage Sign to Matador for New Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-10-07. 
  6. Blais-Billie, Braudie (2018-03-01). "Iceage Announce New Album Beyondless, Share New Song With Sky Ferreira: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-10-07. 
  7. "Iceage announce new album 'Seek Shelter' and share video for epic single 'Vendetta'". NME (en inglés). 2021-02-17. Consultado o 2021-10-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]