Ignacio Cosidó

Modelo:BiografíaIgnacio Cosidó

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
30 de novembro de 2011 – 2 de xaneiro de 2012 – Enrique Luis Martín Rodríguez →

Circunscrición electoral: Palencia (en) Traducir

Deputado no Congreso dos Deputados
19 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Palencia (en) Traducir

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

21 de xuño de 2004 – 27 de xuño de 2008
Senador de España
Q66759001 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Twitter: Ignacos BNE: XX868221 Dialnet: 273136 Editar o valor en Wikidata

Ignacio Cosidó Gutiérrez, nado en Salamanca o 31 de xullo de 1965, é un político español do Partido Popular, que foi senador, deputado, director xeral da Policía Nacional (de 2012 a 2016) e de novo senador.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutorouse en Historia Contemporánea pola UNED e licenciouse en Defensa Nacional polo Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional. Foi profesor asociado universitario na Universidade Carlos III de Madrid, na Universidade Pontificia Comillas e no Instituto Universitario Gutiérrez Mellado.

Foi secretario xeral das Juventudes Liberales e xefe do Gabinete Técnico da Dirección Xeral da Garda Civil.

Foi senador na VIII Lexislatura e deputado pola Provincia de Palencia no Congreso dos Deputados nas IX e X Lexislaturas, así como voceiro de Interior do Grupo Parlamentario Popular. Así mesmo, foi membro do Comité Executivo do Partido Popular de Castela e León.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]