Nome orixinal | (hu) Újlaky-Rejtő Ildikó |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de maio de 1937 (87 anos) Budapest, Hungría |
Altura | 164 cm |
Peso | 56 kg |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista, adestradora |
Deporte | esgrima |
Disciplina deportiva | Florete |
Participou en | |
1976 | Xogos Olímpicos de 1976 |
1972 | Xogos Olímpicos de 1972 |
1968 | fencing at the 1968 Summer Olympics – women's foil (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1968 | fencing at the 1968 Summer Olympics – women's team foil (en) (medalla de prata olímpica) |
1964 | fencing at the 1964 Summer Olympics – women's foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1964 | fencing at the 1964 Summer Olympics – women's team foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1960 | fencing at the 1960 Summer Olympics – women's team foil (en) (medalla de prata olímpica) |
Ildikó Rejtő, tamén coñecida como Ildikó Uljakiné-Rejtő ou Ildikó Ságiné-Ujlakiné-Rejtő, nada en Budapest o 11 de maio de 1937 é unha tiradora de esgrima húngara, gañadora de sete medallas olímpicas.
Xorda de nacemento, comezou a practicar esgrima aos quince anos e os seus adestradores comunicábanse con ela por medio de notas. Especialista na modalidade de florete, en 1956 foi a campioa mundial xuvenil e en 1958 a campioa húngara. Participou aos 23 anos nos Xogos Olímpicos de 1960 celebrados en Roma, conseguindo a medalla de prata por equipos, quedando tras do equipo soviético. Nos Xogos Olímpicos de 1964 de Toquio levou a medalla de ouro tanto na proba individual como por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1968 de México gañou a medalla de prata na proba por equipos, de novo por tras do equipo soviético e a medalla de bronce na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic gañou unha nova medalla de prata na proba por equipos, metal que se converteu en bronce nos Xogos Olímpicos de 1976 de Montreal. Despois de retirarse da alta competición foi adestradora da sección de esgrima do Újpest FC (1981-1987) e do Budapesti Honvéd desde 1987. Activa participante do circuíto de veteranos foi campioa de Europa en 1995 e do mundo de veteranas en 1999.
Ao longo da súa carreira gañou quince medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas cinco de ouro.