Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1801 Gävle Parish, Suecia (en) |
Morte | 3 de setembro de 1872 (71 anos) Maria Magdalena parish, Suecia (en) |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Norte de Estocolmo, Kvarter: 04A Gravplats: 00170 (1872–) 59°21′22″N 18°01′56″L / 59.35616, 18.03225 |
Residencia | Heleneborg (en) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, químico, enxeñeiro, inventor, emprendedor |
Familia | |
Familia | Nobel family (en) |
Cónxuxe | Andriette Nobel (1827–) |
Fillos | Robert Nobel, Ludvig Nobel, Alfred Nobel, Emil Oskar Nobel |
Pai | Immanuel Nobel |
Descrito pola fonte | Dicionário Biográfico Sueco (pt) |
Immanuel Nobel, nado en Gävle o 24 de marzo de 1801 e finado en Estocolmo o 3 de setembro de 1872, foi un enxeñeiro, arquitecto, inventor e industrial sueco.
Membro da familia Nobel, é o pai de Robert Nobel, Ludvig Nobel e Alfred Nobel. Embarcou aos 14 anos[1] e tras tres anos en mar aberto, estudou aquitectura en Estocolmo na Real Academia de Artes de Suecia e no Real Instituto de Tecnoloxía. Despois de rematar os seus estudos construíu pontes e rehabilitou e construíu casas, unha das máis coñecidas foi unha casa nos Kungsträdgården[2], e fundou unha pequena fábrica de caucho Inventou o torno a rotación que se utiliza para a fabricación de contrachapados e realizou unha versión mellorada dunha mina submarina que interesou ao tsar Nicolao I e que o levou a establecerse en San Petersburgo en 1838 e alí permaneceu dúas décadas coa súa familia. Fundou unha fábrica de subministracións de guerra, Fonderies et Ateliers Mécaniques Nobel Fils, co que logrou grandes beneficios. Secasí, a morte de Nicolao en 1855 e a fin da guerra de Crimea en 1856 supuxo un cambio nas políticas rusas e o novo tsar Alexandre II recurtou severamente o orzamento militar o que levou a serias dificultades económicas á empresa de Immanuel. En 1859 pasou a administración técnica ao seu fillo Ludvig e el volveu a Suecia. Nas proximidades de Estocolmo construíu unha fábrica onde os seus fillos Alfred e Emil experimentaron coa nitroglicerina. En 1862 os acredores venderon finalmente a empresa rusa[3] e tras Alfred Nobel inventar un detonador para controlala Immanuel comercializou a nitroglicerina, aínda que tras unha explosión na que morreu o seu fillo Emil trasladou a produción a un barco ancorado nun lago.