Nome orixinal | (fr) Irina Ionesco (ro) Irina Ionescu |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Irène Ionesco 3 de setembro de 1930 14º distrito de París, Francia |
Morte | 25 de xullo de 2022 (91 anos) 12º distrito de París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafa |
Familia | |
Fillos | Eva Ionesco |
Sitio web | irina-ionesco.com |
Irina Ionesco, nada en París o 3 de setembro de 1930[1] e finada o 25 de xullo de 2022,[2] foi unha fotógrafa francesa.
Era filla de inmigrantes romaneses. Pasou a maior parte da súa infancia en Constanza, Romanía, antes de trasladarse a París. Viaxou e pintou durante anos antes de descubrir a fotografía. O seu traballo é descrito coma erótico.
No 1974, expuxo parte do seu traballo na galería Nikon de París, atraendo moita atención sobre as súas obras. Posteriormente publicou en diversas revistas, libros e expuxo en diversas galerías ó redor do mundo.
Irina Ionesco foi quizais máis famosa polas súas imaxes mostrando a súa propia filla adolescente, Eva. Os espidos que caracterizou con Eva, provocaron controversia, xa que moitas destas imaxes mostraban unha adolescente en poses artísticas e eróticas; de maneira similar a outros traballos nos que os modelos, porén, si eran adultos.
Na meirande parte do seu traballo, Irina vestía as mulleres de maneira extravagante, adornadas con xoias, guantes e outros artigos de luxo. Mais tamén as adornaba con obxectos simbólicos coma gargantillas e outras pezas fetiche, posando provocativamente, ofrecéndose a si mesmas parcialmente espidas e coma meros obxectos sexuais a posuír.