Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1979 (45 anos) Bergen, Noruega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 172 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | balonmanista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Noruega | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | balonmán | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pívot | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Isabel Blanco, nada o 10 de maio de 1979 en Bergen (Noruega), é unha xogadora de balonmán norueguesa de ascendencia galega.
Filla do futbolista Fernando Blanco Jiménez, que chegou a xogar co Deportivo da Coruña, naceu en Noruega, onde os seus pais estaban instalados. Comezou a xogar ao balonmán nese país, no Kjøkkelvik. Despois fichou polo Vadmyra, polo Nordnes de Bergen, polo Tertnes e finalmente marchou a xogar a España ao Club El Ferrobús Mislata, de Mislata (Valencia)[1]. Logo dunha tempada xogando en España fichou polo Ålborg DH dinamarqués e despois polo Ikast-Brande Elite Håndbold do mesmo país.
Representou a Noruega internacionalmente, e conseguiu coa súa selección a medalla de ouro nos campionatos de Europa de balonmán en 2004[2] e en 2008[3]. Ademais, obtivo medallas de prata nos campionatos dinamarqueses de 2005 e 2008, e unha de bronce en 2006. Foi escollida nese ano tamén pivote do ano da liga dinamarquesa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Blanco |