Itala | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Fundación | 1904 |
Localización | Turín, Italia |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbiles |
[ editar datos en Wikidata ] |
Itala Fabbrica Automobili foi un fabricante de automóbiles con sede en Turín, Italia, de 1904-1934, fundada por Matteo Ceirano e cinco socios en 1903.
No primeiro ano foron presentados tres coches, un 18 hp, un 24 hp e un 50 hp. En 1905 comezaron a fabricación de automóbiles deportivos de gran cilindrada, o modelo de 14´8 litros e 5 cilindros gañou a Coppa Florio e un ano despois a Targa Florio. En 1907 un modelo de 7433 cc e 35/45 hp pilotado polo conde Scipione Borghese gañou a carreira Pequín - París en tres semanas. Estes éxitos deportivos axudaron ás vendas de xeito espectacular, e a empresa seguiu crecendo. A compañía experimentou cunha gama de motores novos, con innovacións como a, válvula de camisa, ou a válvula rotativa. Durante a guerra Itala dedicouse á produción de motores de avión, o que trouxo como consecuencia que a compañía sufrise importantes perdas a nivel financeiro.
Despois do armisticio reiniciouse a produción de automóbiles baseados nos modelos que comercializaba Itala antes da guerra, como o Tipo 50 25/35 hp e o Tipo 55, pero ambos os modelos non foron capaces de alcanzar o éxito financeiro esperado pola marca.
A partir 1924, debido ás precarias condicións financeiras, a empresa pasa a estar baixo administración xudicial que nomea a Giulio Cesar Cappa de Fiat como director xeral. Baixo o seu mando lanzouse un novo modelo, o Itala Tipo 61, con motor de aliaxe de 7 cilindros que foi relativamente ben recibido. A compañía decidiu tamén volver novamente ás competicións, fabricando o modelo Tipo 11 un coche moi avanzado con tracción dianteira, motor V-12 supercargado e suspensión independente, con todo o coche nunca chegou a correr. Dous tipo 61 tomaron parte na carreira das 24 Horas de Le Mans de 1928, gañando na clase de 2 litros.
A compañía foi comprada polo fabricante de camións Officine Metallurgiche de Tortona en 1929 e se fixeron uns cantos coches máis ata 1935. Os restos da compañía foron vendidos a Fiat.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Itala ![]() |