(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1991 (33 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | xadrez |
Título de xadrecista | Mestre FIDE (pt) (2005) Mestre Internacional (2007) Grande Mestre de Xadrez (pt) (2008) |
Puntos ELO (màx.) | 2.662 (2016)< |
Identificador FIDE | 2257327 |
Participou en | |
2016 | Olimpíada de xadrez de 2016 (pt) |
2014 | Olimpíada de xadrez de 2014 (pt) |
2012 | Olimpíada de xadrez de 2012 (pt) |
2010 | Olimpíada de xadrez de 2010 (pt) |
Iván Salgado López, nado o 29 de xuño de 1991 en Ourense, é un xadrecista galego.
Xogador de xadrez dende neno, proclamouse campión galego sub-14 con só once anos en 2002. Campión de España sub14 (2004) e campión de España sub 16 (2006), Iván Salgado é un xogador do club de xadrez Escola Marcote. Aos 14 anos xa conseguira as vitorias necesarias para ser cualificado como Gran Mestre, a categoría internacional de maior nivel. En xaneiro de 2008 recibiu a cualificación de Mestre Internacional, converténdose no primeiro galego en conseguila.
O 17 de marzo de 2010 acadou o 9º posto no Campionato de Europa Absoluto[1] celebrado en Rijeka (Croacia). Clasificouse con tan só 18 anos para a Copa do Mundo, competindo entre 64 xogadores de todo o mundo. En abril de 2012, proclamouse campión do Campionato Iberoamericano de Xadrez, torneo que reuniu a numerosas estrelas do xadrez español e latinoamericano.
Tamén é resaltable o papel desempeñado por Salgado nas últimas edicións da Liga galega de clubs, crucial para que o seu equipo, o Club de Ajedrez Marcote se proclamase campión en varias ocasións (2011 foi a máis recente)
O seu adestrador é o español Jesús de la Villa.