Izarguien é unha tribo tekna que habita no Sáhara Occidental, entre o río Dra e o norte de Bojador. Aínda que son de orixe bérber falan dende hai séculos o hassaniya. Considéranse descendentes de Sidi Ahmed el Azargui, que segundo a tradición en 1598 chegou dende Marrocos.
A fins do século XIX loitaron con éxito contra os Ait Usa, que dende Marrocos pretendían establecerse no territorio e contra contra a tribo tekna de Ait Musa u Ali, que recibía axuda do sultán de Marrocos.
Divídese en tres fraccións: Echtuqui, El Guerrah e Ait Said.